lunes, 6 de septiembre de 2010

Unha carta para Xana

Ola a todos, son Libromaníaca e quero presentarvos o meu conto de modalidade en galego "Unha carta para Xana" do que vos falara o outro día.
Agardo que vos guste♥     

UNHA CARTA PARA XANA

 Era noite pecha, un tranquilo grupo de grilos facía resoar con forza o seu canto. Non se escoitaba outro son máis que ese, e, só de vez en cando algún coche pasaba pola estreita calzada deixando unha longa fumareda tras de si, o bafo cubría cada vez máis as ventás por causa do relente.
Xana pechou os ollos un intre, colleu de novo a súa pluma e o caderno de notas e púxose a escribir como se sentía aquela noite:

           
            Esta noite, como me sinto:
Un incansable grupiño de grilos canta
alegremente ó compás das pingas de
 chuvia que caen ó chan acompañadas dun
feble tintineo.
Esta noite non teño ganas de durmir,
senón de escribir sobre a miña vida
nocturna.





Parou e púxose a uliscar polo redor, un intenso perfume de loureiro invadía o seu pensamento:
- Un suave arrecendo a loureiro, seguramente é o cheiro das ramiñas que plantou a avoa nunha maceta da cociña. O máis fixo é que se encontre ó carón da lareira, e por iso desprende olor tan facilmente- intuíu cun breve sorriso.
Levantouse da cama e anicouse dobrando o lombo cara ás zapatillas. "Oxalá mamá estivese aquí agora mesmo...", bisbou no medio dun suspiro.
Decidiu quedar quieta uns instantes antes de levantarse pola bata.
- Que sede teño, se o sei non ceaba lacón onte á noitiña! - Xusto cando ía agarrar o mango da porta para saír, pasou algo, algo que podía cambiar a súa vida para sempre. Primeiro chamou alguén ó timbre. DING, DONG!!!, escoitouse.
Xana, estrañada porque chamasen a aquelas horas, foi de puntiñas cara á porta da entrada para non espertar os seus avós. Ó premer coa xema dos dedos a manilla da porta, volveron timbrar, esta vez cunha máis longa duración e con máis forza.
Abriu a porta e divisou unha sombra negra ó seu carón, era coma tres veces maior ca ela e sentiu medo.
- S ... si? Que... quen é?- non acadou resposta. Volveuno intentar -quen é?- pero foi en van. A sombra, pola súa banda, foise acercando a ela e foise volvendo máis e máis grande.
- Son a persoa que buscas dende hai moito tempo, Xana ... - respondeu a voz da sombra, parecía un home.
- Ai, si? E a que busco eu, pois?
- Non sexas así Xana ... - a voz carraspou un intre e engadiu -son teu pai.
O silencio invadiunos, a sombra deu lugar a unha cara, e Xana e aquela cara quedaron un chisco mirándose ós ollos, fixamente. Ó final, Xana contivo a respiración e logrou dicir.
- Dilo de verdade? Es o meu pai?
- Si, Xana, son o teu pai, e despois de tanto tempo sen ti descubrín que eras o que máis me faltaba na vida, e volvín cunha misión para ti...
- Cal, papá?
- Ségueche gustando escribir poemas?
- Si, papá.
- Verás, Xana, hai unha persoa que coñezo que precisa da túa axuda, chámase  Andoriña e está morrendo. Precisa ledicia xa que non a ten, poderías escribir un poema e recitarllo para salvalo?
- É como o conto do emperador e o reiseñor!
- Si, Xana, así é.- Marchou deseguido escribir, a cabeza dáballe voltas.
Finalmente conseguiu manter a cabeza nunha idea fixa

          O canto do reiseñor
As cancións dormen, xunto ó
canto do reiseñor, a xente está
cansa ó igual que o emperador.
Oh, reiseñor, por que non
cantas xa? Sen ti o día e a
noite soan igual.
       Xana


Xana ergueuse, quedara durmida no pupitre, mirou o papel que tiña diante, conseguírao! Fixera un poema para aquela persoa. Correu cara ó salón onde a agardaba seu pai cos avós, que xa espertaran:
- Téñoa, papá, téñoa!!!- E adicoulle un sorriso.
- Moi ben, filla, verás como Andoriña sobrevivirá.
Pero esta estraña historia non cambiaría a vida de Xana, senón o que vén despois, seu pai, ó que non vía dende aquel día que dixera que sairía facer unha viaxe, levaba o poema para ensinarllo a alguén, e Xana converteríase nunha famosa poeta.


                                                             Fin
Gustouvos?, agardo que si, a min gustoume moito escribilo, sobre todo porque sabía que ao presentalo ao concurso do I.E.S Ferrol Vello moitos lerían o conto, por iso me entusiasmou tanto, non coma outros relatiños que escribo, que só os utilizo para pasar o tempo e ninguén os le excepto eu...(ou iso creo.)Moitas grazas por ler o meu Blog, chao:
Libromaníaca :)                                            

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...