lunes, 6 de septiembre de 2010

Novo parágrafo de "El hobbit"

O furado-hobbit de Bilbo.
Hoxe volvo con outro parágrafo máis de "O hobbit", espero que vos guste lelo.É a primeira parte da historia, o comezo de todo "O señor dos aneis", ben, agardo que se queredes o leades, porque volo recomendo de verdade.

Escribiríao, pero sei que sería ilegal, como ben pon ao comezo dos libros que ten dereitos de autor, porque non se pode "reproducir a obra parcial ou completa". (Ou algo así.)

Este parágrafo era o que describía ao fogar de Bilbo Bolsón, ao que chamaban outros hobbits o sr. Bolsón.
Os hobbits-segundo explicaba Tolkien no libro- non eran grandes entusiastas das aventuras e perigos, e de feito Bilbo prefería quedar no porche do seu furado-hobbit fumando tranquilamente unha pipa antes que ir en busca de aventuras.Pero Gandalf, o mago, fará un divertido e extraño conxuro na porta del e aparecerán ananos ante a  súa porta en busca de aventuras crendo que se trataba dun saqueador.


Gandalf fixera ben en dicirlle a Oin, Gloin, Doin, Fili, Kili, Bofur, Bifur , Thorin e compañía que non se confundisen, pois Bilbo era máis valioso do que aparentaba.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...