martes, 5 de octubre de 2010

El museo de los sueños

Finalmente, entre os libros que propuxo o profesor, escollín "El museo de los sueños", tras divulgar aquí mareando á xente sobre qué libro escollería, optei por este.
E por qué?

Pois penseino eu tamén; de primeiras, pensara en "La mansión de los abismos", de Gisbert, logo, "Diario en un campo de barro", de Ricardo Gómez.Tras seguir dándolle voltas a varios, rendinme e decidín dunha por todas, "El museo de los sueños", tamén de Joan manuel Gisbert.

Aínda o estou comezando, pero debo admitir que me parece que está sendo moi intrigante e será interesante a medida que o vaia lendo.Xulgueino mal pola pinta, algo que sempre digo que non pode facer, é un dos maiores erros dos lectores, por non dicir o maior.
Porque non me parecía que estivese tan ben, cheguei a pensar que me aburriría, pero, pese a que so estou pola páxina corenta e pico, non me está parecendo malo, nada malo.
E repito:non xulguedes un libro pola apariencia, e é que nada se pode sub ou sobreestimar, como moitos refráns e ditos din.



Datos:
Título: El museo de los sueños
Autor(a):Joan Manuel Gisbert
Editorial:Nautilus
Calificación:***.3/5.]Pero como sempre, non podo dicir se o libro é de verdade desta categoría, aínda o estou comezando.
Clasificación:Misterio e aventuras.

          Libromaníaca Devoralibros :)

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...