martes, 5 de octubre de 2010

Quiero ser escritora

"Quiero ser escritora" é o libro de Paola Zannoher que, aínda que non me entusiasmou para seguilo con présa, deixoume clara unha cousa:
ser escritor/a está nas mans de todos.
Porque ser escritor ou escritora non implica escribir un libro e publicalo, ser escritor ou escritora significa que che gusta escribir, e simplemente por iso formas partes da parte escritora da sociedade.

O libro, sinceramente, non dicía esas palabras, porque máis ben era un libro fácil de ler,  que non dába  por qué  reflexionar, únicamente se che apetecía pensar en cómo Mia (pois así se chama a protagonista do libro) elabora trampas para os seus veciños ou axuda á súa veciña a limpar a súa casa pechada como unha tumba.

Pero isto non importa, porque non é un libro do que puidese dicir barbaridades sobre que é moi malo, pero tampouco son quen de dicir que é magnífico.
Un libro que decidín deixar pola metade porque me aburría, pero que non era exhasperantemente malo.Coincidiume lelo con oito anos ou así, e xa non me parecía sequera un libro interesante.

Con cariño:Libromaníaca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...