viernes, 22 de octubre de 2010

Os segredos do capitán Black e Boris

O conto foi unha invención miña "express", pois non lle din importancia e a ideei en dous minutos.Despois non volvín saber dela, pois se perdera polo fascinante mundo da miña imaxinación.
(Por iso sempre é convinte ter a man lapis e papel para apuntar TODO o que se che ocorra e non che pas coma min se es terriblemente despistado/a.)
Un libro de piratas sempre debe suceder sobre o s. XVI, falar da armada británica, e, sobre todo, describir aos seus protagonistas  piratas como feroces e temibles.
Pois esta é a historia dun neno que se convirte nun pirata e coñece a un capitán que lle contará cómo venceu nas batallas, navegou os sete mares e, sobre todo, cómo conseguiu o seu preciado botín.
Boris anotará todas as aventuras e peripecias que o capitán lle conta nun vello e desgastado caderno, que despois fará historia.

Este libro  conta cómo un neno pode cambiar por unha persoa e cómo pode aprender de cousas que outros conten, por experiencias de terceiros.
Este conto, que debería falar del cómo un relato, foi produto da miña imaxinación e gustaríame escribilo, porque a memoria é o mellor recordo, pero só para un mesmo.
É un pasatempo puro e duro, polo que non  pensedes que "quero presentalo a un concurso ou publicalo", nen de broma!
Con ganas de ler:Libromaníaca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...