viernes, 29 de octubre de 2010

Uns días de brétema

Sinto non ter podido escribir durante esta semana, e dubido que nos seguintes días teña moitas oportunidades de escribir demasiado, polo que durante a semana non vou poder escribir NADA ou case nada.(O primeiro máis probable).
Quería falar dun libro que lin o ano pasado, que fala de inmigración e da participación da sociedade con este tema, principalmente no conto "A lagoa das nenas mudas", de Fina Casalderrey, trata de falar dende o punto de vista da propia nena que ven de Nixeria a Galicia coa súa nai, chámase Amina Nweapa.
Esta tratará de compenetrar cos seus compañeiros de clase, en especial con Ío, a rapaza á que tanto lle gusta debuxar e coa que tan ben o pasará.
É un libro que recomendo polo seu alto contido educativo en forma dun libro de aventuras, por así dicilo, pois a mestra de inglés  contará cada día unha nova historia sobre a súa viaxe a África, pero non a unha África de cidades, hoteis e praias, senón que á verdadeira África.
As emocionantes historias que contará a mestra servirán para que os nenos e nenas de clase vaian coñecendo un pouco a cultura de Amina antes de vela por primeira vez sequera. 
Cada dous capítulos veremos como Amina Newapa conta por medio de cartas ao seu amigo nixeriano as súas experiencias nun continente completamente novo para ela.O libro merece a pena, porque ademais de ser a súa autora moi considerada  e premiada, é un libro da nosa terra, que últimamente non acadan moito éxito coas novas modas vampíricas americanas ou Best Sellers.

OPINIÓN PERSOAL

O libro trata de facer comprender aos nenos e nenas que teñan oportunidade de lelo que unha emigrante é exactamente igual ca un dos demais de nós.Amina contará todo o que o lector poida dubidar mediante as cartas que escribe ao seu curmán.Apoia as decisións e ideas da personaxe principal, Amina, e intenta completar o que o lector poida saber doutro continente mediante a historia da mestra de inglés, que se meterá polo medio facendo o libro máis interesante, e as cartas de Amina.Os seus compañeiros teñen prexuízos antes de coñecela e a súa opinión parece que quere destacar como empobrece a cultura da nosa sociedade.



Datos:
Título:A lagoa das nenas mudas
Autor(a):Fina Casalderrey
Editorial:Xerais
Calificación:*****.5/5.
Clasificación:?

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...