domingo, 24 de octubre de 2010

Os barbanzóns

Hoxe atopei un libro sobre un estante meu, era alto, realmente finiño e cun debuxo de gordos personaxes, sobre este podíase ler "Os barbanzóns".
Chamábase "Baroña ou morte" e non dubidei en lelo, pois xa o olleara e non tiña mala pinta.
Lese relativamente rápido poque consta de trinte e pico páxinas, eu remateino en quince minutos.

Recoméndoo porque é gracioso e sempre alegra a un.É unha creación de Pepe Carreiro, despois dos Bolechas.
Vale para todas as idades, ten un humor fácil e é entretido, e nesta  época de outono non estaría demais probar se che gusta a versión destes cómicos celtas en samaín "A noite de samaín".A familia dos Barbanzóns pasará tropelías que te divertirán.

Datos:

Título:Baroña ou morte (colección Os Barbanzóns)
Autor(a):Guión e debuxo de Pepe Carreiro, cores de Abraham Carreiro
Editorial:Toxosoutos
Calificación:***.3/5
Clasificación:Cómic.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tarde de domingo chuviosa!Teño ese comic ,asi que pasarei un bo rato con el

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...