miércoles, 24 de noviembre de 2010

Diary of a wimpy kid-El diario de Greg

"Diary of a wimpy kid" fálanos da típica vida cotiá dun neno americano, coas súas diversións e contrariedades.Publicado pola editorial de Best-Sellers, "Molino".
Eu teño dous libros en inglés, en formato orixinal, vamos.
O primeiro non ten máis título ca o da coleción e o último, titulado "Dog days", conta mediante unha frenética mini-novela  mesturada con divertidas viñetas o verán ideal de Greg, o protagonista, e a comparación co que pasa na realidade coa súa familia.Eu diría que trata dun tema moi ben buscado que parodia a sociedade estadounidense (vamos, o autor é americano).

OPINIÓN PERSOAL
Eu creo que é un libro que recomendaría para idades, axeitadamente, de entre oito e once anos, quizais, de lectura francamente rápida e que fai unha perfecta conxunción da vida rutinaria de Greg e os seus anaquiños (bastante escasos) libres, a súa desbordante imaxinación que asemella ir perdendo pouco a pouco e o seu mundo paralelo.Del só.E algunhas cousas máis...
Un libro realmente entretido e fácil de ler.A miña valoración sería boa.

Datos:
Título:El diario de Greg (coleción)
Autor:Jeff Kiney
Editorial:Molino
Clasificación:Realista.

    Auténtica basura
Malo
Regular
Bo
Moi bo!

Fantástico 
 Libromaníaco
 

P.D: En realidade a tradución literal da coleción estadounidense sería "Diario dun neno pringado", máis ou menos.E non "El diario de Greg", pero preferiron vendelo con este nome...que raro.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...