Ola outra vez, quería adiantar máis novas, posto que hoxe teño algo máis de tempo libre.
A primeira é que agora, xunto as reseñas made by Libromaníaca aparecerán estes debuxos:
Auténtica basura
Malo
Regular
Bo
Moi bo!
Fantástico
Libromaníaco
E así será como valorarei os libros a partir de agora, a súa calificación será esta, agardo que vos guste, comentade!
E a segunda e derradeira nova é que, ademais de que xa tendes á vosa disposición o meu e-mail para mandar os vosos contos, podedes crer que esté barallando regalar no concurso dous regalos magníficos?
O primeiro é un cómic dos Barbanzóns e un marcapáxinas do Blog e o segundo unha axenda de Hannah Montana e un marcapáxinas e bolígrafo do blog.Non creo que me permitan ofrecer estes agasallos que teño na casa, pero me gustaría facelo.
Posdata:É que non podo envialos, síntoo, por iso non me deixarán.
Intentarei ofrecer o regalo dun libro dixital?Oe, sería fabuloso, un perfecto regalo que combina os libros, do que trata o Blog, e o aspecto virtual do asunto dos Blogs na internet, ha, ha!
E tamén quería anunciar que tendes prazo dende hoxe, día 23, ata o venres, día 26 para apuntarvos ao club de libromaníacos, un club gratuíto no que só tendes que pensar un apodo e mandar unha foto (non ten que ser vosa) para caracterizarvos, mediante a cal, que porei nun lateral do Blog, xunto os seguidores, os afiliados, o estante anobii.Envía iso ao meu e-mail (unmundodepapeletinta@gmail.com) e xa te verás nuns días no club de Libromaníacos , mediante o cal o único que tendes que facer é comentar, seguir o Blog día a día, aporatar opinións, participar nos concursos, enviarme se queredes algunha reseña para que a publique dicindo de que Libromaníaco/a é (non darei os vosos datos)..., en definitiva, só teredes que participar no Blog Un mundo de papel e tinta e lelo cando vos apeteza, etc.
Un saúdo cheo de Libromanía:Libromaníaca.
1 comentario:
Non tes porque dar nada para min co marcapáxinas do blog sería suficiente,e un boligrafo tamen do blog xa sería mais que suficiente.
Bicos
Publicar un comentario