martes, 23 de noviembre de 2010

Dúas novas boas para ti e fantásticas para min

Ola outra vez, quería adiantar máis novas, posto que hoxe teño algo máis de tempo libre.
A primeira é que agora, xunto as reseñas made by Libromaníaca aparecerán estes debuxos:


emoticono-gigante.gif Auténtica basura
Malo
Regular
Bo
Moi bo!

Fantástico
cuore.gif Libromaníaco



E así será como valorarei os libros a partir de agora, a súa calificación será esta, agardo que vos guste, comentade! 

E a segunda e derradeira nova é que, ademais de que xa tendes á vosa disposición o meu e-mail para mandar os vosos contos, podedes crer que esté barallando regalar no concurso dous regalos magníficos?
O primeiro é un cómic dos Barbanzóns e un marcapáxinas do  Blog e o segundo unha axenda de Hannah Montana e un marcapáxinas e bolígrafo do blog.Non creo que me permitan ofrecer estes agasallos que teño na casa, pero me gustaría facelo.
Posdata:É que non podo envialos, síntoo, por iso non me deixarán.
Intentarei ofrecer o regalo dun libro dixital?Oe, sería fabuloso, un perfecto regalo que combina os libros, do que trata o Blog, e o aspecto virtual do asunto dos Blogs na internet, ha, ha!
E tamén quería anunciar que tendes prazo dende hoxe, día 23, ata o venres, día  26 para apuntarvos ao club de libromaníacos, un club gratuíto no que só tendes que pensar un apodo e mandar unha foto (non ten que ser vosa) para caracterizarvos, mediante a cal, que porei nun lateral do Blog, xunto os seguidores, os afiliados, o estante anobii.Envía iso ao meu e-mail (unmundodepapeletinta@gmail.com) e xa te verás nuns días no club de Libromaníacos , mediante o cal o único que tendes que facer é comentar, seguir o Blog día a día, aporatar opinións, participar nos concursos, enviarme se queredes algunha reseña para que a publique dicindo de que Libromaníaco/a é (non darei os vosos datos)..., en definitiva, só teredes que participar no Blog Un mundo de papel e tinta e lelo cando vos apeteza, etc.
 Un saúdo cheo de Libromanía:Libromaníaca.


       
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non tes porque dar nada para min co marcapáxinas do blog sería suficiente,e un boligrafo tamen do blog xa sería mais que suficiente.
Bicos

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...