viernes, 26 de noviembre de 2010

A novela sen nome


Aínda non ten nome, non ten protagonista_ou si_, non ten acción principal, pero aquí está.

   © Libromaníaca (Agardo ter o copyright cedo)

   Os días pasaban, parecían eternizarse, pero como un suspiro que poidese escoitarse na profunda nada, no laberinto do eterno silencio, o berro de Katrine escoitouse como nunca antes.
Unha badalada deu as dez.Non se podía concentrar.Os deberes de lingua seguían intactos, aínda coidadosamente repasados cun rotulador de cor azul, para distinguir o que debía facer do que non tiña importancia.Coma os detalles da nosa vida, un rotulador invisible os resalta para facelos máis importantes, e outros pasan desapercibidos, coma unha folla vermellas que cae ao chan despois de voar e se separa para sempre da súa árbore nai.Ou coma un día caloroso de verán na praia.Con xente bañándose e desfrutando do serán felizmente.

Pero exactamente iso, o tema da felicidade, non era o seu...porque, sinceramente, Katrine non era unha persoa que fose á praia bañarse coas súas amigas ou xantar fora cos seus pais, e moito menos era feliz.

Agora probablemente non comprendades nada da historia de Katrine, pero eu, alguén moi próximo a ela, teño o pracer de contárvola, porque a vida de Katrine para min...é a miña propia vida.
Pero agora, comecemos polo verdadeiro principio.Iso quére dicir que polo final.
O final do curso.

Era unha mañá cálida e apacible, e un home alvino, de cute vampírica, sorriu cando a camareira pousou con cara de empanada o xeado de crema de turrón, chocolate e Whisky de Malta, relixiosamente repartido polas numerosas bolas do postre.
Ann, con expresión sombría, dixo coa súa voz mortífera:
-Que, a volverse máis seboso?
O turista, enfadado, replicou:
-Cala, Mic, non sabes de que falas...-e lambeu a culler manchada de crema de turrón.
-Seino, Ig, e mellor ca tí.-riu maléficamente mentres miraba a súa tez branca coma a neve e movía a cabeza ao compás do seu Ipod.
-Que demos escoitas, Mic, non podo descfrutar do meu xeado cos “pumchim, pumchim” do teu trebello!
-Memories...David Guetta.
Ig arqueou as cellas, facendo ver que non entendía nen o máis mínimo do que lle dicía.
-Ah, e lembra-puntualizou Ann- que xa che dixen miles de millóns de veces que non me chames Mic.Nen Micro, nen Micro-Ann.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Lin todas as partes que publicaches e son fantasticas.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...