sábado, 25 de diciembre de 2010

La historia Interminable

© Creative Commons, Libromaníaca
Ola, bo Nadal outra vez a todos  
¿Trouxo libros Papá Noel?
 Eu teño unha nova: ¡Xa rematei La historia Interminable! Á verdade é que un pouco interminable si que se me facía, porque polo medio tiven que ler catro libros para galego e castelán, cousa que odio, ler libros cando estou pola metade doutro.


É magnífica, e estaría disposta a dár parte dos meus regalos dos Reis Magos a Michael Ende se me concedese unha entrevista, non para publicala no Blog, simplemente porque me gustaría moito facerlle algunhas preguntas sobre o libro... Se non fose porque se foi deste mundo (e tampouco está en Fantasía).

Bastián Baltasar Bux é un neno gordecho sen amigos que descubre un libro na librería de tomos antigos do seños Koreander. E a partir de aí comeza a historia de Bastián, a que cambiará a súa vida, pois coñecerá a Fújur, o dragón branco da sorte, a Atreyu, o seu novo mellor amigo, e á Emperatriz Infantil, á que deberá salvar da Nada xunto os seus amigos.
A Nada é simplemente NADA, unha Nada que está reducindo Fantasía e facendo desaparecer  aos  seus habitantes. Unha brancura que dá a sensación de quedar cego ao mirala. Unha tétrica visión.
Con isto Bastián descubrirá un novo mundo, un mundo do que quere ser Emperador e do que despois deberá escapar.
Terá que escoitar os sabios consellos da vella Vetusta Morla, falar co invisibleUyulala , e, sobre todo, aprender grazas ao poder de ÁURYN a non desexalo todo, porque pouco a pouco Bastián Baltasar Bux irá esquecéndoo todo da súa vida na Terra e terá que intentar volver con Auga da Vida para lembralo e voltar ó seu mundo co seu pai. E só grazas a Atreyu e a Fújur poderá regresar, pois se comprometarán a acabar o que Bastián deixou, e son unha mada de Historias Interminables.

OPINIÓN PERSOAL
É un libro que aporta moito. Fala sobre a amizade (cando Atreyu intenta axudar a Ártax antes de que morra), a bondade (Por parte de Atreyu e Fújur), o egoísmo (Por culpa de Xayide), etc.
Calqueira persoa de calqueira idade pode sacar algo desta Hsitoria, que desencadea outras moitas no seu interior.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Si seguro que é un libro fantastico.Deríamos lelo todos,e asi fariamos unha bonita homenaxe.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...