domingo, 26 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca


 Parte 3:O Rei do Silencio

Quitando as bágoas da meixela, asomouse á ventá abrindo a boca e botando o alento,

limpou o bafo e se impulsou para caer na cama, pesada e exausta polo canso

día de traballo na mansión .

—ANIAAA!!!—Escoitouse dende o outro lado da casa –Baixa aquí agora mesmo!!!

—Sí, tía Hannohn… 



Xa no salón, todos reunidos, dixo:

—Anialonda Mary Joe, que lle fai supoñer que despois de quitar o pó dos cuartos,

baixar a basura, limpar o aseo, fregar os chans, facer as comidas, refacer as camas,

limpar os espellos da mansión e poñer a mesa para a cea podería retirarse ós seus

aposentos ?

—Síntoo de veras, señorita Hannohn, non volverá ocorrer .

—Máis vale, senón …—pero, grazas a deus,  a riña foi interrumpida por un berro

 procedente de arriba,  dos cuartos; foi correndo e descubríu que era unha das

criadas —Que ocorre?—acertoua dicir fatigada .

— O...o señor Georchzus ... de...desapareceu...

Aquel fora un momento clave,  cando saíra da pasaxe,  Georchzus non saíra aínda !!!

Que lles contaría a todos,  Que podería facer ?

—Señora,  estou aquí — soou unha voz, cálida, baixa, doce ...Georchzus !—Ó mellor

non se decatou,  pero estiven na cama todo o tempo .

—Oh,  desculpe,  señor ...—Dixo cóa voz aínda tartamudante —perdoe...—e saíu do

cuarto recta,  cós ollos fixos ó fronte e cun pano de limpeza baixo o brazo .

—Uau!!! Como o fixeches,  como saíches tan rápido? —preguntou incrédula .

—A maxia de Georchzus — contestou cun irónico sorriso mentres sacudía a man

rozando o traxe,  limpándoo .

—Non,  de veras — dixo entornando os ollos cara o chan, furgando no vestido para

dár  cunha chave que abrise o armario para poder pechalo .                                      

Escoitáronse pasos, subían pola enorme escaleira, pesados e cun forte eco tras de sí .

Probablemente serían tacóns, Hannohn !!! Abríu a porta de todo, pechou rápido o

armario,  e Georchzus sacudiu de novo a súa roupa e se meteu na cama de novo .

—Moi ben,  Que sucede aquí ??? —Vociferou a tía Hannohn — que diantres

ocorre ???—Mirou brevemente o desorde da cama e veu a Georchzus .

—Verá, tía Hanohn, é que a criada berrou porque pensara que Georchzus desaparecera

,  e,  sen embargo,  estaba ...estaba ... na cama durmindo ... sí,  iso ... —pechou un ollo e

se votou cara atrás xa que pensaba que lle caería unha boa lea, pero sen embargo non

ocorreu nada,  a tía Hanohn miraba en fite ó seu fillo e non se escoitou nada nun bó

anaco ; pero, cando menos o agardaban :

—Georchzus, querido, a criada espertouche, vai levar unha voa riña !!! Non che viu a

moi parva — e marchou facendo aspaventos berrando incansablemente — VEÑA

AQUÍ DE CONTADO SE NON QUERE SER DESPEDIDA !!! — e se deixou de

escoitar, xa estaría lonxe .

—Non podo crer isto — dixo Ania cruzando os brazos — vótacheslle a culpa a unha

pobre criada só para saír coa túa ! Eu lisco agora ...— Georchzus colleuna do pulso,

tan forte que lle fixo dano — estás parvo ou que ? mancáchesme, idiota !!!

—Síntoo,  Ania, pero estamos xuntos nisto e non nos podemos separar polo de agora,

entendido? —O seu sorriso reapareceu tras uns intres e as súas cellas xa non estaban

fruncidas,  Ania suspirou lentamente e resoprou—de acordo?

—Como non,  miña xoia?—respondeu con tono irónico e un inesperado sorriso

maléfico.

—Daquela tomareino como un “sí”, va que sí ?—nen se inmutou el pola ofensa, pola

súa banda, Ania sí escoitara a del ; colleu un trapo grisáceo case negro—que nalgún

momento fora branco—e marchou cara á porta decidida a ir a través do corredor, pero

Georchzus lembroulle algo moi, moi importante .
                                                                                                                        
   —Así que pretendes coller o teu camiño e marchar polo corredor,  non?—Georchzus

abriu a boca para falar,  pero Ania deu a volta mirando cara el e só contestou .

—Así é,  pois...—xirouse novamente, disposta a xirar o picaporte da porta e saír ó

corredor.

—Vale,  fai o que queiras,  pero eu que tí non o facía —estaba cunha perna apoiada

na parede,  cós brazos cruzados diante do peito e un sorriso, o seu sorriso no que

mostraba todos os seus dentes brancos coma a neve, o sorriso que mostraba cando

quería que lle desen a razón,  có que cría que era el o máis axeitado para as

preguntas máis extrañas,  difíciles e caóticas existentes no mundo,  por moi

extrañas,   difíciles e caóticas que resultasen.—non me digas que non sabes do que

falo?—parou de falar,   porque xusto nese intre,  Ania quedara pálida coma un

cadáver,  quedara sen fala,  sen as típicas preguntas ou respostas inxeniosas que se lle

ocorrían,  que pasaban por aquela cabeza tan miúda,  pero tan espelida.Pasou un bó

anaco até que volveu dicir ó fin.

      —E que podo facer entón,  pasar toda a vida metida nun cuarto dunha mansión que

      semella un calabozo?Cós brazos cruzados agardando a que chegue o día no que me

     deixen en liberdade?Sí?É iso o que queres,  sí?

     >>A miña avoa sempre dicía que na vida era mellor morrer como boa persoa que

      vivir coma un inhumano sen escrúpulos. E iso é o que farei,  algún día terei que dár a

      cara se non quero quedar aquí para sempre,  fareino .

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...