martes, 21 de diciembre de 2010

Novo parágrafo do concurso

◕‿◕ Ola de novo, Libromaníacos!Quería dicirvos que para todos os que adiviñastes deque libro era...si, é La claridad de la sombra, de Cristina Prieto Solano.Podedes vér a miña reseña no Blog Un mundo de papel e tinta.A direción do seu blog literario é: http://laclaridaddelasombra.blogspot.com
_____________________________________

Con esta imaxe deixo claro de que obra se trata
Hoxe traio conmigo outro parágrafo, pero desta vez especial porque... bah, xa o veredes vós mesmos.
Alá vai:

"Chegou a mañá do sábado; era verán e todo estaba luminoso, fresco e cheo de vida.En cada corazón había unha canción, e, se o corazón era novo, a múscia subía ata os beizos.Había ledicia en cada rostro e todos camiñaban contentos.As alfarrobeiras estaban en flor e o arrecendo das flores enchía o aire. O monte Cardiff, dominándoo, estaba cuberto de vexetación e abondo alonxado para parecer unha Terra de Promisión, atractiva, chea de ensoños e de tranquilidade."

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...