martes, 21 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca


Puxen o vestido que anteriormente figuraba nas cadeiras do maniquí que puña Xana no meu cuarto. Era rosa claro,  con tirantes recollidos con lazos perfectamente atados,  o encaixe de abaixo (que apenas me chegaba ós xeonllos) cuns laciños pequenos,  e  unha chaquetiña tamán rosa moi claro que me chegaba até os cóbados,  que se ataba á cintura con outro laciño. De súpeto,  alguén petou á porta; pronuncei un agudo:
—Si?—E unha voz tamén feble,  pero amable e doce,  dixo :
—Son eu,  Xana ...— O meu corazón latexaba coa forza que trota un cabalo feliz nun prado,  non vira nunca a Xana,  desexaba coñecela,  imaxinábaa unha velliña que se dedicaba a limpar o pó da mansión,  aínda que a súa voz semellaba todo o contrario. —Podo pasar? —preguntou ela; dubideino,  e preguntou de novo— Srita. Ania,  desculpe se non veño en bo momento,  pero a teño que axudar a pentearse,  por orde dos seus tíos Alexis e Hannohn...—Abrín a porta dun golpe —Isto,  grazas...como vexo,  xa te vestiches...bon...peintéote, non?— Non o cría,  era unha rapaza nova que aparentaba uns vinte e dous anos,  asentín coa cabeza boquiaberta e lentamente. Pregunteille cun fío de vo:
—Ás oito e media na biblioteca... —Xana peiteábame amodo e muda,  até que dixo:
—Ufff...Tiña medo de que non descubrises o enigma secreto e que non entendeses o complot...— Fixérame un moño, con dúas margaridas de tea no pelo.
Baixamos almorzar,  e chisqueille disimuladamente o ollo a Georchuzs,   e el devolveuno asentindo coa cabeza,  na nosa linguaxe secreta,  significaba que SI que lles pedira ós meus tíos o acordado. Iso significaba que os meus tíos ían ter que falar e falar polo que lles pedira Georchuzs.A miña tía comezou, fixo unhas febles toses para aclarar a voz,  e tragou un chisco de saliva:
—Ben...—dixo dirixíndose a min; pero sen o pracer de mirarme á cara—díxome Georchzus,  que vos fixestes amigos...—Odiaba a súa ironía e as pausas que facía sempre que falaba —E que...bon,  que queredes dedicar máis tempo a estar xuntos xogando... polo que me vexo obrigada a asentir que Georchzus sempre precisa amigos cos que xogar,  e vouvos deixar durmir xuntos para xogar máis tempo,  sempre que non fagades trastadas e que non cheguedes tarde ás vosas clases particulares de protocolo,  linguaxe académica,  enfermaría,  historia,  o mundo xeográfico,  política e lectura.
A súa charla durara un cuarto de hora,  e deunos o tempo xusto a min e a Georchzus,  de rematar de almorzar para xogar cando xa as criadas,  entre elas Xana,  montasen as camas e limpasen o cuarto. Marchamos ó meu cuarto e repasamos o complot paso a paso; cando de vez en cando,  as criadas pasaban  a preguntar se  queriamos que limpasen o cuarto ou que se tiñamos algunha prenda para lavar,  colliamos unhas peonzas de madeira e finxiamos que estabamos xogando con elas:
—Desculpen, teñen algunha prenda que desexen lavar ?—preguntaban—Ou queren que algo se limpe no cuarto?
—Non,  non se preocupe,  grazas...—contestabamos un pouco irritados. É QUE NON SE PODE REPASAR UN COMPLOT TRANQUILOS? (Preguntábame eu). 
Dábame a impresión de que de novo nos espreitaban,  en efecto,  uns ollos parpadearon tras un cadro dunha dama de traxe azul,  rosa a branco. Suspirei aliviada por que repasásemos o plan en baixo. Pero me temía que me espreitasen outras veces. Nunca me fixara naquel cadro,  máis que nada,  por que había demasiados cadros da mesma cor,  todos eran moi parecidos tamén; por que sempre había unha muller nova e que aparentaba que era moi rica e aristócrata .                                                                                                                                                                                                                                    
—Georchzus ...—murmurei en baixiño—Georchzus ...estannos espreitando ...—temía que se estrañase de por que falaba tan baixiño e de que dixese en voz alta todo o complot,  preguntándomo; pero non,  foi moi precabido; votei un salouco de alivio e, cando volvín mirar cara ó cadro,  os ollos non estaban. Non creo que fose produto da miña imaxinación! Eran de verdade,  os grandes e  fríos ollos verdes da tía Hannohn.
“TRAS UN CADRO, UNS OLLOS SE ESCONDEN...”

—Toc, toc, toc !!!—Escoitouse tras a porta do meu cuarto —Pódese ? —Logo de que Georchzus dixese:  “Si, pase ”,  Xana entrou no cuarto cunha mopa e un par de trapos sucios —Queredes que limpe un chisco algo?—E,  ó contrario que lle dixeramos ás demais criadas,  movimos a cabeza asentindo tan brutalmente,  que rematamos de darnos eu e Georchzus croques na cabeza,  Xana chiscounos un ollo e sorriu,  eu mirei rápido ó cadro,  por sorte,  xa podía estar segura de que Hannohn marchara.
Deron as doce en punto; doce estrondosas badaladas resoaron en toda a casa . —Ups,  hora do xantar...i ntuíu Xana cun sorriso; ó parecer,  Xana era daquelas doces persoas que só saben ser amables e sorrir —Por certo,  Georchzus,  daraslle o libro a Ania, non?
—Dende logo que si !!!—Respondeu un pouco molesto Georchzus—Como non?—de  súpeto,  deume o corazón unha volta,  esa sensación maldita de que hai unha frase que che so, e que che parece que é a cousa máis importante do mundo que non debes esquecer,  aínda que xa é tarde para lembrardes diso.
—Dádelle o libro a Ania. Dádello a ela,  o mundo do libro a agardan...—As últimas palabras da miña avoa!Era iso,  xa descubrira aquelas incomprensibles oracións que a miña avoa dixera por último,  dous meses atrás. E que non descifrara antes,  nos dous días que levaba na mansión.
—Que si !Non minto!
—Georchzus,  se Ania dI que é certo,  seró! Se non,  non o diría,  non si,  Ania?—Dixo convencida de que era moi honesta e nunca mentía (sen contarmos o dos tíos) —Ania ? Eoo,  Terra chamando a Ania,  Terra chamando a Ania!—Sumírame tanto nos meus pensamentos,  que non me decatara na última pregunta que Xana me cuestionara—Ania,  non dirías iso se mentises,  non?—repetiume de novo.
—Claro que non,  podes asegurarte diso!—razoei eu decontado —Se non,  por que pensarías que o dixese?
—Ania! Estás segura do significado das últimas palabras da túa avoa? Ou máis ben,  SEGURO QUE CHE DIXO ISO!?
—Georchzus,  meu deus,  cala,  claro que si! E demos fin á conversa e xa está ben de fala...—Xana trabou a lingua de súpeto,  mirou á cara da tía Hannohn que se atopaba xusto fronte nós,  coa súa fría mirada que cravaba na alma coma unha estaca punzante a  terrible  vampiro sedento de sangue fresco.
—Ola, nenos... e... non tan nenos —dixo coa mesma frialdade que antes,  cara a Xana —De que falabades ?—Seguiu excusando afable —Non mo dicides,  oh, por que?...
—É que... mami... son... son... cousas dos xogos de nenos... parchís,  oca,  xadrez,  ó chinés,  canicas,  peonza... Sabes?—Georchzus suaba moito,  non se lle daba ben mentir.
—Ah,  ben... en fin,   agárdovos no vestíbulo,  pois...
—No vestíbulo? Por que no vestíbulo,  eh,  mamá?—Dixo Georchzus incrédulo —Se NUNCA saímos á hora do xantar!
—Claro, fillo,  porque imos saír comer fóra! –respondeu finxindo que tamén estaba incrédula da pregunta do seu fillo.
Xantar fóra!De todo o tempo que levaba na mansión e por fin iamos comer                                                           fóra!
—E se non vos importa... por favor,  poñede os abrigos de pel... E lavade ben os dentes e os zapatos,  nas galas non se pode ser... Descortés!—“Que alegría— pensei con sarcasmo—, unha gala...”
O Don Geovanni de Mozart resoou en toda a sala; corenta músicos tocando no pequeno escenario de telón vermello,  mil duascentas persoas de pé fronte ás enormes e luxosas mesas de Bufétte. Os camareiros levaban uns traxes de cor branca e negra,  cun pano vermello á man dereita; que ían preguntando a todos,  cunha bandexa á man esquerda Que desexaba. Eramos eu e Georchzus os únicos nenos na gala,  decidimos xogar ó levas .
—Non me pillas!!! Ha, ha, ha!—Dicía eu a Georchzus chinchándoo mentres corría sen cesar ó redor das mesas de Bufétte,  e tamén por diante dos músicos. Georchzus atrapárame,  perseguíramr até a fin da parede ó lado dos músicos,  tiña ó lado o telón,  non quería perder o xogo! Agarreime ó telón e subín a el...

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...