viernes, 3 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol


A tía Hannhn e o tío Alexies agardábanme no comedor de pé. Georchzus esperaba sentado, recto e galantemente, a miña chegada. Miroume á cara cunha ollada sen expresión ningunha, aínda que a min me asemellaba do máis despectivo e desinteresado. Aínda que eu me sentei de todas formas na mesa facendo unha estúpida reverencia . Comezamos a comer. Estaba a piques de  preguntar  se ía poder ir  á biblioteca, cando a tía Hannohn comentou:
   —Ania, Gregorio, o noso mordomo, contounos que quedaches bastante sorprendida coa nosa biblioteca... Gustaríame poder  dicirche que, debido á impresión que che causou, e sei que ler reside nunha das túas afeccións preferidas, poderás entrar nela sempre que non quedes até despois de cando o sol se poña... Isto... é... é para que non... que non esteas ás escuras... —Ía apertala, pero non o fixen.  Sabía que as señoritas non deben facelo en público.
   O primo Georchzus tiroume unha tosta con requeixo e mel baixo a mesa, manchándome por completo o zapato, co noxento e doce pringue .
Estaba a piques de dicilo cando Georchzus dixo sen darme sequera tempo para me limpar os zapatos de charón granates :
   —Isto... Mamá, paréceme que os zapatos de Ania son moi... eh... bonitos...
A tía Hannohn contestou cun contento, “si , tes razón”, sen miralos, e el reprochoulle:
—Pero, mira, non, os zapatos... 
A tía Hannohn dixo:
—Dacordo, fillo; pero púxenllos eu, e xa sei como son... —mirou, e, cando ía subir a cabeza co seu xesto avinagrado, volveu mirar, e exclamou—ANIAAA!!! —decatárase do meu erro que,  supostamente, era mentira— . Non aguanto máis, xa non poderás ir á biblioteca nin á sala de xogos, nin ó cuarto de invitados con cadeiróns de seda!!! —marchei con Gregorio, e sentei na cama do meu noxento e estúpido cuarto. Gregorio e eu pasamos un bo anaco falando sobre  os extravagantes costumes da familia dos meus tíos, cando, de súpeto, Georchuzs apareceu cabizbaixo, cun libro enorme, e, dirixíndose cara a Gregorio,  murmurou:
—Eh... di papá que... baixes coas túas... tarefas de... de... de inmediato, Gre... Gregorio... —coa voz  feble e coidadosa, pronunciou aquelas tatexantes palabras.

Gregorio foise rapidamente. Georchuzs sentou na alfombra e indicoume que sentase ó seu carón, e abriu o libro:









Cuadro de texto:                                
 
           _  O MUNDO MÁXICO _



                        

                      1756 













—Ania , tireiche a torrada polo teu ben ...
—Polo meu ben ?! BROMEAS ??? —exclamei eu furiosa sen comprender                      
nada.
—Si, Ania, polo teu ben !!! Verás , aínda que non o creas , lembras cando mamá che advertiu de non quedar na biblioteca até despois de que o sol se poña ? Cada cinco postas do sol, se quedas na biblioteca lendo éste mesmo libro en voz alta , adéntraste no mundo do libro e pódeste facer , inclusive a raíña ou o rei del ... ó meu pai pasoulle iso de cativo  , despois , só cada cinco postas do sol podes regresar ó mundo real.
—Por... por iso tanta puntualidade , claro...! Quero ler este libro, veña !— e púxenme a ler o libro en voz baixa :





 
 


Foi nese intre cando os Orcos ían atacar ó resto
do mundo máxico e fermoso . As demais bondadosas criaturas lles tiñan medo, moito medo;  a eles, e ás súas  batallas sanguinarias, que facían sempre de noite, cando o mundo enteiro estivese canso, e desprotexido .
Debían salvar todos o seu reino, e protexeren todas as súas pertenzas e  todo o  seu persoal.   E qué mellor para salvar ó Reino que dous valentes e apaixonados  guerreiros?
Aqueles dous magníficos  guerreiros, cheos por completo de coraxe e grande valentía, debían loitar coa súa vida para salvaren o  mundo máxico das terribles criaturas, por nome Orcos
Sanguinarios.
 
                            








—Qizais soe un chisco... CURSI !!!— estalei eu en gargalladas—. Se é tan “maligno e tamén  horrible “, como é que o teu pai sobreviviu? Eh ? 
—Por que foi valente e loitou vitorioso!!! — Respondeu o meu primo un chisco anoxado—. E por iso mesmo , porque os meus pais  non queren que se volva alí, polo  noso ben , ademais , non queren que sexas  raíña  do mundo máxico .
Era de noite , ían dar as doce e cuarto no reloxo de parede , todo estaba nun grande silencio, un silencio sepurcral.
Nas puntas dos pés, mentres as xemas das dedas se me xeaban ao pasar polas escalinatas e baldosas de mármore, a luz da candea que sostiña  na miña man  íase apagando lentamente, deixando un pequeno rastro de fume oloroso. Pegueime unha torta na escuridade contra algo... era frío, alto, groso... A PORTA DA BIBLIOTECA !!!  Por fin a atopara; intentei abrila, pero o picaporte non o permitía. Estaba pechado con chave. Volvín á cama desanimad, tería que intentar ir ó día seguinte , na posta de sol. Así, tamén tería que pedirlle a Georchzus, a Xana e a Gregorio que me acompañasen á biblioteca para trazar o complot. Non é que quixese quedar no mundo da historia, só velo;  aínda que non fóse  sinxelo , podería chegar na próxima quinta posta do sol.
Xa tiña o maniquí coa roupa colocada no seu sitio para  mañá. Escoitei uns susurros procedentes do cuarto dos meus tíos; achegueime até alí xa coas chinelas postas; e púxenme ó carón da porta a escoitar o que dicían:
—Non podemos permitir que Ania reine o Mundo Máxico e que gañe a  confianza deles. —escoitei á miña tía Hannohn dicir— non, non, e non; non podemos!
—Tes a razón, gardaremos o libro baixo a cama de Georchuzs e, así , poderá el,  o día que desexe entrar no mundo do libro máxico ... —contestara agora o meu tío Alexis.
Cando me pareceu que cesara a silenciosa conversa, ía  voltar á cama, cando un dos madeiros do chan cruxiu lenta e tetricamente. Eu dixen con medo, baixiño :
—O...ola? Ha..hai alguén aí ?... –non houbo resposta ...— S...si? O..ola ?...—E notei que algo me rozou as costas— Quen ha..hai alí?...

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...