martes, 22 de febrero de 2011

Como me convertín en escritora


Ese día por fin o decidira. Faríao. Tiña que aproveitar que sairía con Escritora de compras para o que tanto tempo levaba ansiando: publicar, por fin, a miña novela.
E, tras preguntar no museo de fotografía, nos diriximos ás edicións E.
 Baixo a choiva, agochadas tras dous paraugas, caladas ata os ósos, conseguimos decidirnos e, despois de ensaiar como preguntalo, chamamos ao timbre.

Pero recibiunos un home alto, xoven e simpático. Todos os nosos medos disipáronse e collimos folgos para aparecer, encharcadas, dúas nenas en busca dunha sonrisa que lles dése confianza para preguntar pola publicación do meu libro.
Os meus pais sempre me apoiaron moito, pero no momento no que decidín levar a historia á editorial, dixeron que era cousa miña, e é certo: é o meu futuro.
Pero aínda que tivese gañado moitos concursos, tér escrito tantas historias, nunca se me puxera a pel de galiña nen se me paralizara o corpo cando cando se trataba da literatura e eu. Pero o que verdadeiramente me deu folgos foi  pensar en que levaba dende o 2008 loitando por aquela historia. E, finalmente, entramos na editorial.

1 comentario:

Escritora dijo...

Eres un cielo,te mereces que la publiquen y mucho mása.Porque tu te has dedicado a este blog,a tu historia,a tus amigas,a tu familia y a todos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...