sábado, 14 de mayo de 2011

Como me convertín en escritora

                                         Sábado, 14 de Maio do 2011

Querido diario:
Hoxe senteime nun colchón nun campo de fermosas margaridas, as miñas preferidas, e púxenme a pensar.
Tumbeime boca arriba e mirei as nubes.
Gústame mirar as nubes porque son unha das miñas grandes fontes de inspiración.
Sempre me refuxio nelas cando estou enfadada conmigo mesma, ou cos demais, porque é o mellor lugar onde podo atoparme mentres non queira que saiban que existo.
Contemplo as nubes e penso que estou tumbado nunha, onde ninguén pode alcanzarme.
E noto como, subitamente, ascendo do meu vello colchón, e deixo unhas motas brancas e amarelas bañándose nun mar de césped, que antes eran margaridas nun campo.
Vexo as casas facéndose pequeniñas, como se agora fosen elas as verdadeiras flores, facéndose cada vez máis e más diminutas, e impotentes fronte a min; tanto, que podería collelas coas miñas propias mans.
As persoas que podía divisar, moi lonxe,  convértense en formigas que corretean polas terras drenadas por un río inmenso e descomunal, que antes era a terra sobre a que podía andar.
Entón, condénsome e caio como unha nube máis sobre os campos verdes e a terra escura e seca, como pingas de chuvia que máis tarde se evaporan, e volven a ser nubes, flotando sen pensar, simplemente, flotando sobre o ceo tan azul e baixo o sol que quenta a fermosa tarde.
E vou caendo, lentamente, xunto as demais pingas de chuvia, con frío corroéndome por dentro do meu propio corpo, sentíndome como xelatina transparente e líquida, coma se unha simple ráfaga de vento impuro poidese atravesarme todo o corpo.

Pero esperto do meu soño, tumbada nun colchón nun campo de fermosas margaridas, as miñas preferidas, e coas nubes pasando lentamente, alá no alto de todo, facendo que me sinta pequena e impotente, porque as nubes non teñen que pensar, non teñen enfados que borrar da memoria, nen cargas coas que cargar. E eu, como unha tonta, imaxinando que son unha nube...
Pero no fondo, pese a todo, gústame como son, e aínda que moitas veces teña que cargar con cargas que non quero cargar

2 comentarios:

galmar dijo...

:) biquiñosss

Amante de la moda dijo...

Encantoume , e moi bonita!!!! <3<3<3 Ao final sabes se che aceptaron a novela que levaches para publicar?? Desexo con todas as miñas forzas que sí !!! Ah , viña para dicirche que teño outro blog , chámase:
- www.pintaunascoloridos.blogspot.com


Espero que o visites e que che guste!!!! Moitos bicos e unha aperta . Lectora.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...