sábado, 28 de mayo de 2011

Reflexións dunha soñadora

Cando me sinto mal, triste, e estou soa, é cando podo facer o que me pete. E de feito gústame andar ao meu aire, e que ninguén me diga o que debo facer.
E a quen non?
E é que cando estamos tristes é cando non temos ganas de que ninguén nos mire, ninguén nos fale, ninguén nos vexa, ninguén nos escoite...
Temos ganas de ser invisibles, de que o único que poidan presenciar cando esteamos diante de alguén sexa o impuro e impoluto nome da nada, aire puro que non permite que vexamos nada máis que nada.
E nestes momentos, parécenos que, de feito, a nada é o máis fermoso que exista.
Podemos pensar que estamos xordos. Podemos pensar que estamos cegos. Inclusive podemos pensar que perdemos o gusto do tacto.
E non sentimos esa angustia de que non podemos respirar, de que alá enfrente de nós non hai nada, pese a que non respiremos, nen haxa nada.
E cando eu me sinto mal, compórtome mal.
Sumérxome no meu mundo, no meu propio mundo, que non é o mundo da literatura nen moito menos.
É o mundo dos enfados.
Encérrome no meu cuarto, túmbome escondida baixo os coxíns e non penso en nada, só escoito a estúpida música dos plastas de EuropaFM , a que é a miña cadea preferida, pero neses intres odio, e o meu enfado tonto amengua mentres a música de Rihanna, a miña cantante preferida amansa á estúpida fera que hai no interior dun cuarto pintado de laranxa e con mobles verdes, laranxas e con tons amarelos, cunha cadea de música traída dos Estados Unidos, unha mesa verde igual que a que hai nos colexios e unha alfombra tamén laranxa cun tacto como céspede, a estantería con todos os meus pintauñas: dous negros, un azul celeste, un amarelo, un azul escuro, un violeta, un plateado, un transparente e un de brillos de cor bronce, e as miñas fermosas fotos feitas nun estudo, desa estúpida fera que se encerra nun terrible mundo gris mentres está rodeada dun mundo de cores, e nun cuarto de colorido... e que se enfada por absolutamente todo.
Esa estúpida fera son eu.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...