lunes, 30 de mayo de 2011

Entrevista a Alicia Borrás

Ola, Libromaníacos :)
Hoxe tráiovos dúas maravillas (He, he)...
A primeira é a entrevista exclusiva da escritora de Vigo Alicia Borrás. Incríble, verdade? Estou contentísima! (TAMÉN PODEREDES ATOPAR OUTRAS PREGUNTAS EN HTTP://OSMORCEGOS2010.BLOGSPOT.COM)
Déixovola aquí, pero antes vouvos dicir unha última nova... Tamén teño ao fin a prometida opinión-sinobse de "Indignádevos!", de Stephan Hessel.
_________________________________________________________________

Ten algunha web o blog que poidamos visitar para saber algo máis das súas novelas ou a súa forma de escribir?
Non teño. Pero hei de ter, prométovolo, de todos os xeitos podedes estar en contacto comigo todo o que queirades.

Como comezou a súa carreira de escritora?
Escribindo. Dende nena o fago, e aínda non perdín o gusto, máis ben podería dicir que cos anos vai medrando  moito máis. Agora faime moi feliz saber que vós estades aí lendo algo que eu vos conto. Grazas por iso.
Cres que pode haber moitos casos de alumnos que sufran exclusión similares por parte dos seus compañeiros?
Eu penso que senón moitos, si existen  algúns , só por iso paga a pena reflexionar sobre eles.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...