lunes, 30 de mayo de 2011

Indignádevos


Agardo que vos guste, custoume un chisco máis do normal facela, posto que é un libro para adultos, ha, ha. E non é que teña moita experiencia con isto das opinións e demais sobre estes libros para maiores. 
Con todo, agardo con agarimo que vos guste e que comentedes:

Stephan Hessel é un filósofo francés de nada máis nen nada menos que 93 anos.
Grazas á súa experiencia e estadía no seu tempo no Consello Nacional da Resistencia (Francia), pódenos incitar a que nos indignemos (como mesmo di o título "Indignádevos") pola sociedade actual, polos Gobernos, que manexan os medios de comunicación, pola actualidade,
E mesmo, para que o fagamos, di no libro "Deséxovos a todos, a cada un de vós, que teñades razóns para vos infignar. É algo precioso, Cando algo nos indigna, como a min me infignou o nacismo, tornñamonos militantes, fortes e comprometidos; unímonos a esa corrente da historia, e a gran corrente da historia desenvólvese grazas a cada un de nós."
Con isto refírese a que, por que non indignarnos? Por que non subliñar cun rotulador permanente, o rotulador permanente da sociedade, que os cidadáns somos quenes decidimos o que a sociedade quere, que todos formamos parte da política dende o punto de vista da sociedade?
Porque nós, os cidadáns, somos os verdadeiros xefes das nosas vidas e do noso futuro, e somos os que realmente debemos levar os fíos da actualidade. E creo que hai veces que pretende que o lector plantexe esta pregunta:
Que futuro hai nun mundo onde se esquecen os valores humanos, como claro exemplo está Israel e a faixa de Gaza? Nun mundo onde os inmigrantes son tratados como noxentos bichos, nun mundo onde todo aquel que non reclame a pulmón, ou simplemente, con violencia, como a gran maioría das persoas ten que facer, os seus dereito como humano, non os acadará?
Con este libro intenta que os xóvenes, sobre todo, intenten crear un mundo onde os xécilo XXI consiga un futuro sostible, e onde todos poidan crear un entorno onde vivir coa seguridade de que fai o correcto vivindo feliz e sen violencia. E que significa a frase final de:
"CREAR É RESISTIR.
RESISTIR É CREAR."?
Quizais que debamos crar un futuro para resistir o presente? Ou pode que resistir o presente para crear o futuro?

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...