martes, 31 de mayo de 2011

Premio

Quero agradecer a Gixie o premio que me otorgou, e que me serve como apoio que me brinda para seguir adiante neste mundo da literatura e con máis folgos aínda :)
E a autopregunta que teño que facer e pasala a uns Bloggeiros é: Por que creaches un Blog?

Pois dende  2008 ou 2009 fixen algúns Blog inventando cousas para nenos/as, cómics, que regalarlles, etc.
Máis tarde creei outro coa miña curmá, de refrescos, zumes, xeados e batidos que vendiamos en verán.
E dende que vin a Cristina Prieto Solano, unha escritora adolescente, nunha charla, e que dixo que tiña un Blog da súa novela, comecei a visitalo e mirar enlaces e seguidores doutros Blogs, de modo que puiden atreverme a visitalos.
Os primeiros que vin, e lémbrome ben, son: El creador de sueños e Loving Paris.
A partir de aí funme metendo no mundo da Bloggosfera e comprovei que era algo xenial: divertido, fantástico como hobby e, por se fose pouco, un divertimento máis; pois non tiña nada que facer no ordenador se non era xogar ao Stardoll e a Panfu, que xa estaba máis que cansa de xogos para nenos pequenos, aínda que me gustaba (Panfu), e xogos estúpidos e sexistas que a única creatividade que aportaban ás nenas era decorar a súa casa virtual e ir de compras, sen estimular a súa intelixencia...
E así foi como comecei en Blogger.
¿E ti? agora paso a pregunta a catro Bloggeiros:
1- Escritora.
2- Lectora.
3- Alina.
4- Sombrerera.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...