jueves, 23 de junio de 2011

Diario dunha escritora

Querido diario:
Saberíasme dicir como publicar unha novela?
Hai xa máis de catro meses que levei a miña novela publicar, e xa me custou o seu, pois en realidade a rematei en setembro do ano pasado.
Comecei esta historia con case dez anos, uns meses antes.
Lembro aquel día fermoso no que decidín escribila historia.
En realidade, nen se me pasara pola cabeza publicala, pero cando llo lera aos meus pais e os vin marabillados... pero non coma algunha outra vez, que simplemente me dicían que eran historias fermosas polo simple feito de ser os meus pais, senón que cada vez que escribía unha pouco máis, se sorprendían cada vez máis, e a min ata me parecía estraño.
Foi entón cando a deixei abandonada, canto?... case un ano?
O ordenador estropeárase e eu sen poder escribir a miña novela, xa non tiña posibilidades de facer realidade o meu soño, froito de anos de esforzo e presentarme a numerosos concursos, froito de mirar ao meu pai escribindo e lendo, intentando tomalo seu exemplo e ler máis e xogar menos, cousa que nunca fun capaz de facer...
A miña historia, atrapada nunha pantalla de cristal apoiada sobre un pequeno escritorio.
Polo tanto, deixárao.
Ata que, ao fin, o arranxamos, e recuperei a historia que tanto me enfrascaba á hora de escribila, e aos meus pais os emocionaba, inclusivo ao meu irmán.
Entón, decidín publicala, decidírao!
E custoume tanto, tanto esforzo, tanto tempo intentando atopar o momento axeitado, a perosa oportuna, a editorial disposta... e máis de catro meses agardando en van, co corazón a piques de saltar pola gorxa e os pelos de punta polos nervios, mordéndome o pelexo dos desdos arredor das uñas, cousa que na vida fixera, e todo para agardar a que me digan dunha vez que me poden atender, ou vai seguir sendo así sempre? "Non está o xefe"...
Non o sei, non quero nen sabelo, só quéro que alguén me diga se sei escribir, ou se intentan que me esqueza da miña novela para non ter que dicirme "Non a queremos".
Por favor, sexa como sexa, dicídemo, e ti diario, que recolles en cada folla cada letra... por favor, perdoa que pode que non saiba escribir, perdóame, porque ao mellor non son o que creo que son, non serei o que quero ser, e o meu soño non se fará realidade. Nunca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...