martes, 28 de junio de 2011

Diario dunha escritora

Querido diario:
Hoxe quero falar das miñas palabras preferidas. As palabras que máis me gustan son as miñas preferidas porque, ademais de ser fermosas, teñen significados máis  fermosos aínda.

  • DESEXOS: Había unha vez unha nena que quería alcanzar o sol.

 Un día  decidiu averigualo como fose, e para iso preguntoulle a un escalador:
-Como podes chegar tan alto?
E o escalador contestou:
-Porque, simplemente, o desexo con todos os meus folgos.


E iso, francamente, é certo, porque se desexas algo, podes logralo. Simplemente, tes que desexalo con todas as túas forzas.
Eu quero chegar a publicar un libro, e para iso necesito desexalo con todas as miñas forzas.
  • SOÑOS: Esta noite escoitei un grupiño de grilos cantarme unha nana para durmir, a algún paxaro piando desexándome as boas noites, á lúa brillar a través da fiestrae a súa luz de prata proporcionábame un tremendo resplandor no meu cuarto.
         A súa luz era fermosa, como se se tratase dun anxo que me alumeaba dende o ceo, as estrelas astros que parecían querer que me erguese a contemplar o ceo e engatusarme para subir alí e durmir nas nubes de algodón durante a noite e xogar cos raios ardentes do sol durante o día.
Pero iso, amigo meu, non era certo, e aínda que sempre soño con voar un día ao ceo e, alo menos, arrincar un anaco de lúa e tela de recordo (A que saberá? A queixo?), pero non ten por que ser así, de feito moitos soñan, coma min, en chegar a tocalo ceo, pero eu simplemente salto. 
Libromaníaca.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...