martes, 12 de julio de 2011

Diario en un campo de barro

Nushi ten toda unha vida por diante, pero a guerra e a expulsión do pobo saharaui do seu territorio acaban por obrigala a marchar a España durante un tempo cunha familia de acollida, escapando así dos tempos de guerra que aterrorizan  ás familias do Sáhara.
Dende o seu regreso á súa terra, Nushi escribe un diario relatando as súas vivenzas e a súa vida nun campo de refuxiados.
Como posteriormente enviará ese diario á familia coa que estivo durante a súa estancia en España, diríxese a el comezando por "Queridos padres de papel", posto que para ela, os pais de acollida eran como uns segundos pais.
Cando volve, cunha ilusión indescriptible que podemos presentir a partir das palabras que escribe no "diario", leva un chasco.
Os seus pais falan menos con ela, e o seu pai ten a diario expresión triste e desesperada, e o seu irmán maior non lle fala.
O seu irmán máis vello, de tres que son, está desaparecido.
O "Campo de barro" fai referencia ó campo de refuxiados no que está obrigada a vivir coa súa familia.
Os rapaces do campo de refuxiados evítanna, porque senten como se en realidade a protagonista non vivise o mesmo que eles, a pobreza, a tristeza, a desesperación, a fame... a dor da guerra, presenciar a morte en todas as esquinas e recunchos, saber que alguén morre cada segundo, que a morte te sigue e pode acabar contigo calqueira día, a calqueira hora, calqueira segundo. Só consigue unha amiga, pero nen sequera a súa familia lle fai caso... Que sucederá co seu irmán? Conseguirán solución ao pobo saharaui? A súa familia estará unida de novo?

OPINIÓN PERSOAL
Antes de nada gustaríame aclarar que me estou volvendo un tanto relamida e que os meus gustos están comezando a ser "ou así ou asá", é dicir, que ultimamente me convirto un pouco... en demasiado... esixente?
Non sei como explicalo, pero as miñas calificacións son un tanto  rigurosas e escuetas.
É unha historia bonita, certa, realista; na que podes sorrir (nunca rir) e chorar, na que podes alegrarte dun acontecemento, pero continuar apenado, pero, aínda que é preciosa...
Sinto dicir que me sabe a típico: Unha nena, un diario, unha vida catastrófica, guerra. Case todo o sucedido na historia forma parte dunha trama que é posible de imaxinar e que se pode pensar que é improvisada pola marcha, ou que xa estaba no propio esquema da novela, hai cousas que poden ser Alfa ou Beta, polos opostos, ou si ou non, con algunha que outra sorpresa.
Datos:
Título: Diario en un campo de barro
Autor: Ricardo Gómez
Editorial: Edelvives.
Calificación: ***.3/5.
Clasificación: ¿?

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...