sábado, 9 de julio de 2011

Nova adquisición - Diario de Ana Frank

Ola, Libromaníacos.
Gustaríame facer unha entrada extensa e interesante, pero simplemente co título podedes imaxinar de que vos quero falar, e é que hoxe mesmo merquei o libro que tanto quería ler dende hai tanto tempo: Diario de Ana Frank.
Xa comecei a lelo un pouco, inclusive pola rúa non apartei a mirada del, pero non vos recomendo que o fagades, posto que é un tanto atolado e, por se fose pouco... perigoso, a dicir verdade.
Bon, simplemente que saibades que o estou lendo e, en canto me sexa posible, farei a reseña, porque estou segura de que me dará moito, pero que moito do que falar.
Att: Libromaníaca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...