viernes, 8 de julio de 2011

A expedición do Pacífico

Emilia Goianes intérnase como polisón na expedición do Pacífico á que acude o seu irmán máis vello e único, Andrés.
Para poder ir ten que viaxar nun caixón do camarote do seu irmán, pero ao ser descuberta por el ten que inxenialas para poder formar parte da expedición. Para iso disfrázase de home, posto que as mulleres daquela non se podían permitir facer algo tan "arriscado", finxindo ser Marcos Goianes, que consegue o seu propósito rogando axudar como  encargado da clasificación de insectos na expedición.
Non será doado  facerse pasar por home durante tanto tempo, pero Emilia, coa súa maña poderá cumplir o seu soño de estar nunha expedición tan magnífica.
A piques de morrer conxelados nun volcán, a piques de volver á casa e sen nada nas mans salvo os seus recordos, e arriscando as súas vidas, conseguen o que querían, e Emilia vivirá unha aventura que quedará para o resto da súa vida e, sobre todo, para a historia na posteridade.
Emilia escribirá nun diario as súas vivenzas, e narra todos os sucesos, cartas da súa nai e, inclusive, os seus sentimentos máis profundos.
Cun final non esperado (polo menos para min) e romántico, Emilia remata de narrar os seu diario contando o seu primeiro,  ou alo menos ela o sinte como o primeiro, bico. Ademais ao final sucede algo que (creo eu) non espera o lector...
Con só trece anos e unhaexperiencia que marcará a súa vida, Emilia volve a casa coa ilusión e ter formado parte dunha expedición perigosa e, sobre todo, emocionante. Pero, sobre todo, por ter sido unha das moitas mulleres tan ilustres que, creádelo ou non, cambiaron a historia.

OPINIÓN PERSOAL
Este é un deses libros nos que atopas sorpresas no medio do camiño, un libro (por certo, Premio Merlín no ano1994, Premio da Crítica Galega no ano 1995 e seleccionada pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez coma unha das cen mellores obras da literatura infantil española do século XX) apaixoante ata a última páxina, un libro que, sen percatarme, me convidou a reflexionar.
"A expedición do Pacífico" relata a emocionante viaxe de Emilia, a coraxe, a valentía amosada pola súa parte, a magnificencia dos seus actos e o seu cambio de nena a muller, se cabe.
Este libro é todo á vez: Emotivo, emocionante, impactante, terriblemente aditivo, fantástico e realista, precioso e dos meus preferidos a partir de agora.
Recolle partes da historia das que fai falta reflexionar, creo eu, como que antes a muller non tivese dereito ao voto, ou simplemente o feito de que Emilia teña que disfrazarse de home que, no mesmo estado que unha muller, vive noutras condicións e con outros dereitos.
A verdade reflexada nos diálogos da nai, como o seguinte:
EMILIA: -Cando sexa máis vella ramén irei nunha expedición ás selvas americanas.
NAI:-Pero, Emilia, as mulleres non andan por aí nas selvas. Cando teñas a idade de Andrés estarás casada, e ata pode que teñas un ou dous fillos, como me ocorreu a min aos vinteún anos.
-Mamá eu quero estudar zooloxía ¿Ou é que neste país as mulleres non van ir nunca á universidade? ¿É que cando papá e os seus amigos falan de liberdade non a queren para as mulleres?"
É esta unha conversa que aparece no libro, e logo a nai argumenta que é culpa da instructora Miss Beatrice, que inculca eses dereitos a nena. E é que non é que a nai non crea na liberdade para as mulleres, é que neses tempos non se cría NEN EXISTÍA a liberdade para as mulleres.

Datos:
Título: A expedición do Pacífico.
Autor(a): Marilar Aleixandre.
Editorial: Xerais. (Colección Fóra de xogo)
Calificación:*****.5/5.
Clasificación:Aventuras.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...