martes, 26 de julio de 2011

Esforzarme por ser quen son

Ás veces párome a pensar se a xente, as miñas amigas, cando acuden ao meu lado, acuden polo que teño, como son e como me comporto ou por quen son realmente.
Non sei se será porque me queren para estar con esa persoa que eu son, como son en realidade, e non como ás veces me comporto, diferente, como outra persoa distinta, e non esa nena que hai no meu interior esa nena que cunha persoa se comporta dunha forma e con outra doutra.
Esa nena que intenta que, dende o seu interior, por moi difícil que lle resulte, aflore a súa verdadeira persalidade, porque se a queren como é, non a quererán como realmente é; sen embargo, se a queren polo que é, quereranna realmente polo que é, e non como un prototipo que, mecanicamente, cambia para cada persoa que acuda ao seu encontro: Voz, expresión, comportamento e razoamento se combirten nun proxecto robótico que se adica a cambiar, sen explicación algunha.
Non sei se os que están ao meu lado o están por conviñencia, por como é o meu "prototipo" ao seu lado, ou por quen son eu.
Pero, para aqueles que teñan aínda esa dúbida corroendo o seu interior, e interrumpindo a súa mente cada intre, só podo dicir que son quen son, e non hai máis explicación que esa, salvo que, se me coñecen, ao pouco poderán comprobar que me comporto de forma diferente con cada persoa, e quixera preguntarlles o mesmo: Están conmigo polo que teño? Ou quizais por como son con esa persoa? Ou pode que polo que realmente son?

Gustaríame atopar unha explicación lóxica, pero coido de que non existe. Sei que son alguén superficial e sen persoalidade propia agás cando estou soa ou realmente con aquelas persoas máis cercanas a min, pódese pensar que son unha persoa que non se esmera en lograr comportarse indiferentemente con todo o mundo, pero vos resultaría estraño saber que fago todo o contrario. Intento ser a persoa que de verdade hai dentro de min e ser capaz de que esa persoa saia por igual con todos, e non ser distinta con cada un.
Intento facer todo o posible por cambiar para non cambiar, por non ser para ser, por intentar que esa nena que sabe escribir historias marabillosas, esa nena que posúe a imaxinación necesaria para aprender a voar, esa nena que desexa que os seus desexos se cumplan, que soña que os seus soños se fagan realidade, e que, sobre todo, está un pouco tola, como, na súa propia e esmerada opinión, é necesario para todo bó escritor, e que, tamén opina, é a súa mellor cualidade.
E, esa nena, intentará ser realmente a persoa que ten no seu interior, e non ser como é, senón quen é.
E  como intentaba ser realmente real, persoalmente persoal, na súa conciencia quedará ese recordo de esforzo por non ser, estar e vivir como, senón quen é, pero sobre todo, o recordo, aquela lembranza, quedará no seu pequeno pero grande corazón.

1 comentario:

galmar dijo...

Fíxenme un lío co do ser oh non ser :) pero é unha boa reflexión :) maila que penso que ser un mesmo as 24 horas é un bo propósito, tamén é certo que non somos nós mesmos sempre, ás veces non nos recoñecemos cando abrimos os ollos pola maña, porque somos humanos, e o noso humor (o bo e o non tan bo) vai e ben :) así que non te agobies :))) que sabias tamén que eh leo as túas entradas, aínda que non sempre comento, últimamente descubrín o Google reader :)) é máis rápido!! E polo dos comentarios, lembro que eu comecei a escribir porque me gustaba, non pensara nos comentarios e maila que son boa cousa, moi boa, o máis mellor é que escribimos e lemos porque nos gusta, por necesidade, por compartir, eh que sei!! :) e veña! Ánimo! Que estás como o día, morriñento :) biquiñosssss

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...