lunes, 1 de agosto de 2011

Diario dunha escritora

Querido diario:
Escondinme entre as dunas, pese a que era mediodía e me sentía mareada da calor.
Mirei cara os lados, non había ninguén, aparentemente.
Podia estar tranquila.
Por que quería estar soa? Por que desexaba que ninguén se achegase a min? Por que intentaba esconderme?
Nen sequera eu sabería dicilo con seguridade, pero hai veces nas que me apetece estar soa, sen que ninguén me moleste.
Hai veces nas que me sinto libre, como se voara como un paxaro, cando non hai (ou polo menos non vexo) ninguén a dez metros á redonda.
Non me sinto con ganas de explotar, comportándome con cadaquén diferente, cambiando voz, xestos, de inclusive afecións. Cambiachaquetas, rata, desequilibrada: Iso é o que son.
Cando estou con xente, se non son moi, moi, moi cercanos, son coma unha folla á mereced do vento, abaneándome. Só a rama da árbore sabe se quere continuar suxeitándome ou se prefire deixarme caer.
Cando estiven onte soa na praia, perto das dunas, tomando o sol, que parecía que o tiña ao meu lado, porque pegaba tan, tan forte, que doía a pel.
Nese momento me sentín ben, aínda que tiña medo de correr o risco de sufrir un cancro de pel, ou ter unha insolación.
Baixei á auga, refresqueime.
Despois bañeime dúas veces, pero con xente, claro.
Pero non esquecerei o ben que me sentín onte, tomando o sol, lendo tumbada na toalla... disfrutando da praia que tanto quero.
Con cariño: Libromaníaca.

1 comentario:

D. C. López dijo...

Hola guapa!, k tal todo?, espero k bien, jejeje. Bueno reina, he visto tu petición para hacerte miembro del club y he pasado a decirte k x mí encantada, pero necesito un par d cositas para poder hacerte la ficha de socia. Déjame un comentario indicándome cuantos escritos (relatos, historias, poemas, etc) publicados en algún blog tienes terminados y cuantos en proceso. Dejarme el link con la dirección de cada comienzo, con sus argumentos y portadas (en caso de tenerlas).

Todo esto es con el fin de darles a conocer al lector aquello que ofreces.

Una vez que disponga de toda la información pedida, procederé ha realizar la ficha para así darte publicidad.

Espero que lo hayas entendido, feliz día!, muak!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...