viernes, 12 de agosto de 2011

Diario dunha escritora

                                                    12/8/2011
Querido diario:
A chuvia.
Hai algo máis fermoso?
As pingas caendo como bágoas das nubes, correndo polas costas, esbarando polos paraugas enchoupados, formando charcos na rúa.

A chuvia, pingueiras nos tellados, animais correndo a gorecerse, nenos saltando os charcos, coas botas caladas, o frío no corpo... e o sorriso debuxado nos seus beizos.

E mentres o espectáculo de milleiros de paraugas de cores, rosas, verdes, vermellos e negros, xente correndo, persoas aferradas ás súas carapuchas, eu ficaba aí, inmóbil: por que a todos os asusta a chuvia? Por que todos corrían?
Eu estaba aí, presenciando aquela graciosa escena, mollándome o meu fermoso e longo cabelo castaño cos meus prezados reflexos cobrizos, deixando que as pingas de auga esbarasen polo meu costado, polo meu anorak azul escuro, saltando os charcos como unha nena pequena, intentando revelarme a todo o que sempre me foi reñido e castigado, só para demostrar a miña autonomía fronte á diversión, a miña reveldía, a miña autoridade.
Persoas pasando ao meu lado, rindo entre dentes e balbucindo, mirándome de esguello con disimulo pouco ortodoxo, nenos collidos da man dos seus pais, preguntando en baixo que facía aquela rapaciña.
E a min me gustaría contestar: "Fago o que me peta, neniño, cousa que tí non saberías."
Gustaríame dicir que acabou ben, pero entre a xente correndo, pillados pola chuvia por sorpresa, eu quedaba aí, saltando, correndo, bailando, cantando, xogando... entre o caos dos aparvados. Ríndome de todos e de todo, imaxinaba que mamá e papá me viñan reñir, pero non, e agora que o penso teríame gustado, pois finalmente, penso que a xente ten razón, porque se te mollas moito e fas o parvo coma min, rematas cun constipado de catro narices.
Pero deume igual, pasárao ben, e non coma as moitas persoas que se sinten atrapadas nun corpo, que o único que se lles ocorre facer é saír a rúa e, agardando a que ninguén os vexa, poñerse a chorar, anicado no medio da beirarrúa, cos ollos enchidos de bágoas imposibles de distinguir das pingas de chuvia.
E eu, francamente, faría o mesmo, se non fose quén de rirme de todos aqueles que se entristecen, se non fose quén de saír a pasalo ben, de facer as cousas de tolos que me caracterizan, intentando non chamar a atención, de non ser porque hoxe quedase aí parada no medio da chuvia, pero se simplemente paseo pola rúa, por que todo o mundo me mira?
Dende ben pequena, cando ía coa miña mamaíña collida da man pola rúa, todos me miraban, sorprendidos, felices, cun sorriso debuxado: por que? Non o sei.
Quizais sempre fun diferente, quizais sempre fun fermosa, graciosa, un pouco atolada e moi intelixente, a miña maior cualidade, e que sempre considero a mellor e esencial de todo bó escritor, é estar un pouco tolo.
Firmado: Libromaníaca.

1 comentario:

Lectora. dijo...

QUE BONITO <3<3<3<3<3<3<3<3<3<3
Es una buena descripción de la lluvia , muy literaria ;)
Gracias por deleitarnos con este escrito.
Lectora.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...