jueves, 25 de agosto de 2011

Entrevista a David Rubín

David Rubín - Lámina para Mundo Freak.
 Ola, Libromaníacos.
Hai moitos tipos de literatura, os grandes xéneros literarios... pero moitas veces, algo que inclusive ás veces non teñen en conta os autores de libros de texto, son os cómics, ese mundo marabilloso que mistura narración e ilustración, palabras que describen imaxes e imaxes que describen palabras.
Pensado isto, se me ocorreu rendirlle unha "homenaxe"á feira do cómic de A Coruña e entrevistar a un dos debuxantes que máis me impactaron, porque, sinceramente, cada un ten unha técnica de debuxo, e David Rubín ten unha forma distinta de ilustrar, aínda que tamén posúe o mérito de narrar os seus traballos.
O seu Blog é http://detripas.blogspot.com/  e realmente merece que fagades unha visita!
Con todo, déixovos aquí a entrevista, realmente contestada de maneira profunda e, se cadra, deixándonos un pouco da maxia do cómic.
 
  • Como vostede mesmo dixo, enfrentarse a unha páxina en branco é terrible. Pero resulta máis difícil cando  non sabe que contar ou cando ten moitas cousas que contar?
Existe un traballo previo antes de enfrontarse a páxina en branco. Un ten que traballar antes a idea que quere plasmar, pensala ben, ás veces incluso facer bocetos previos, antes de lanzarse ó debuxo final na páxina. Eu cando me lanzo a debuxar vou tranquilo, xa que teño o salvavidas dun guión previamente escrito ou dunha idea ben traballada. Partir de cero ante a páxina en branco, sen ideas, sen saber a dónde vas ou que queres contar é algo perigoso que moitas veces non remata ben, sempre é mellor darlle unhas cantas voltas antes para ver se esa idea que nun primeiro estadía parece boa e boa de verdade ou non, e iso só se consegue traballandoa un pouquiño antes de lanzarse a encher co lapis o branco da páxina.
  • Qué o inspira á hora de facer un debuxo?
Moitas cousas, pode ser o estado de ánimo que teña ese día, ou que o tema que teña que relatar me apeteza mais ou menos, depende. De todolos xeitos cando me poño a debuxar xa teño todo bastante claro, e aínda que sempre deixas algúnhas cousas ó azar, para sorprenderte a tí mesmo mentres traballas, para atopar novas solucións e non repetir esquemas, a base sobre a que traballo é sólida.
 
  • Hai algo que o "carcoma" por dentro se non ten unha idea fixa?
Non ter unha idea sobre a que  traballar é o peor que che pode pasar, por sorte eu sempre ando con bastantes na cabeza ou brevemente abocetadas nos meus cadernos, polo tanto cando vexo que dunha non se pode tirar mais miro de desenrrolar outra a ver ata onde me leva. E moitas veces sorpréndeste, por exemplo, a obra na que estou traballando agora; "O Heroe vol.02", e o conxunto da mesma xunto co volume 01 partiu de que estaba traballando no guión dun libro e chegou un momento no que me atopei perdido, non daba con certas claves para poder unir ben o relato e darlle a solided que procuraba para el, polo tanto aparteino durante un tempo, que as veces a distancia axuda para ver solucións que antes non vias e mentres tanto púxenme a desenrolar outra idea; a de "O Heroe". En principio ía ser una historia dunhas 40-50 páxinas e finalmente son dous libros de 300 páxinas cada un. É o fermoso desta profesión, que non deixa de sorprenderte.
  • Como é o seu proceso de facer un debuxo? Cústalle esforzo pensar unha idea e despois representala?
Normalmente tes varias ideas na cabeza, tras darlle unhas cantas voltas sempre hai unha ou dous que te fascinan mais, que ves que lles podes tirar maior partido. Desenvolvoas brevemente a ver cal delas é a que mais me aporta e finalmente escolles unha, tendo esto claro -o que queres contar- escribes xa o guión ou desenvolves a idea para dar con cómo o queres contar, é aí cando traballas as tramas, escribes os diálogos, profundizas na poersonalidade dos persoaxes da historia, etc.... Unha vez feito esto tansó resta debuxalo, que é a parte mais divertida do asunto; primeiro debuxo todo a lápis, logo ese lápis o escaneo e imprimo unha copia do mesmo en azul, sobre a cal entinto cun pincel , rematada a fase de entintado escaneo ese novo orixinal e coloreo dixitalmente, unha vez coloreado añado a rotulación dos diálogos nas páxinas, pulo certos detalles e listo, xa podo envialo ó editor para que o mande a imprenta e me pague o traballo.
  • ¿Que é o máis difícil de representar un cómic? ¿Unindo as diversas ideas obtén o que quería?
Creo que mais ou menos xa contestei a esta pregunta nas anteriores. Non hai nada dificil nin fácil, todo hai que traballalo e o límite de dificultade está no teu propio talento como artista, por iso hai que exercitalo continuamente, pondote retos cada vez maiores, para así evolucionar e non estancarte.
  • Cando foi a primeira vez que soubo que quería ser debuxante de maior?
Dende moi cativo, sempre me interesou o debuxo, e sobretodo o cómic, como medio para entretener pero, sobretodo, como medio de comunicación para transmitir pensamentos, sentimentos, historias...
  • ¿Pensa facer outra cousa, quizais, co paso do tempo, ou lle gusta seguir facendo o que vostede fai actualmente?
Dende fai moitos anos fago moitas cousas, dende os tebeos ao meu traballo na ilustración ou no cine, todas esas cousas, ben diferentes, teñen en común que precisan do meu talento como narrador e como debuxante para levarse a cabo, así que podo dicir que levo toda a vida adicándome a debuxar e narrar, xa sexa para cómic, cine ou ilustración, e agardo que así siga sendo ata o final dos meus días.
  • E con isto remata a entrevista, por iso intentei non facela moi longa para que non fose pesada. Agardo que estea todo ben e, sobre todo, se pode, conteste a esta derradeira pregunta: ¿Que é o que máis lle gusta da súa profesión?
Que é un reto contínuo que nunca deixa de sorprenderte. 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Felicitacións pola entrevista e merecidos elexios ao autor a quen sigo desde hai tempo.

Lectora. dijo...

Guauuu que guai a entrevista!!! Gustóume moito! Eu non coñecía a David Rubín, nin sabía nada de él, pero gustóume moito a idea de entrevistar a unha persoa que é pouco coñecida, xa que así todos aprendemos algo sobre el/ela
Xa sei que non comento moito no blog, e síntoo, pero intentarei comentar máis e pasarme máis por este e máis polo outro.
Bicooossss!!!!!
Quéroche Libromaníaca!!!

Lectora :)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...