jueves, 29 de septiembre de 2011

Artigo semanal

As persoas somos seres superiores uns en canto aos outros?
Non, claro que non.
Entón, por que ás veces nos sentimos nun nivel máis alto cos demais? Acaso somos mellores?
E se así fose, como podemos demostralo?

Os humanos somos os seres que destacan sobre a terra, que evolucionaron convertíndose nos amos do mundo de xeito que conseguisen vencer ás forzas da Nai Natureza.
Pode que nos creamos mellores con respecto a outras persoas, pero por que é así? Acaso non vivimos todos no mesmo planeta e temos un cerebro, unhas pernas, un corazón, aínda que todos sexamos distintos?
É proba, isto, de que os humanos evoluímos ao longo de miles de millóns de anos, si. Pero tamén chega un momento no que nos encontramos nunha fase de involución.
Na que como pensamos que temos o poder, somos capaces de controlar o que sexa. Pero non é así.
Un multimillonario non é mellor que unha persoa sen recursos.
Unha persoa normal non é mellor que alguén que teña discapacidades de calqueira tipo.
Ninguén é mellor que ninguén.
Sen embargo, dende sempre, hai xente que pensa que, inexplicablemente, é mellor caos demais, pola simple razón de que eles o crean.
Xa sexa pola razón que sexa.
O único que hai que ter en conta é que iso son verdadeiras calumnias. Mentiras tales que demostran a paupérrima capacidade de razoamento dun invididuo.
Pero non estamos falando dunha persoa, nen dúas, nen tres. Senón millóns, moitísimos millóns, seguramente.
Porque se unha persoa destaca na sociedade ou simplemente di ou mantén na súa mente a idea de que é superior aos demais, demostra que exerce unha inactividade tal no seu cerebro que ten elocuencia de tanta capacidade que a persoa acaba pensando que é mellor, e pode facer crer ao outro que é inferior. Aínda que iso sexa a maior mentira do mundo.

Todos somos iguais, só que cada un é distinto.
Non raro, senón só distinto.
Todos somos iguais que todos, ninguén está a un grao de maior altitude ca outra persoa.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...