miércoles, 5 de octubre de 2011

Artigo da semana: Un soño


                           Texto:  Un soño
                       Libromaníaca

A literatura. Que é a literatura?, preguntaranse algúns.
Pode que a literatura sexa a arte de ler e  de escribir; de meternos nas historias que poidamos imaxinar. De conseguir escapar do mundo real para adentrarnos nun mundo feito de palabras, de tinta e papel.
Hai quen non comprende o verdadeiro significado da literatura. Hai quen a usa unicamente para escapar da realidade, para crear unha distinta. Pero esas persoas non se dan conta de que esa realidade é o froito da inercia, xa que sen case decatarnos intentamos esconder a versión real da vida baixo unha capa de necedade, o froito do desexo de algo que xamais existirá. Un soño que se esvaecerá antes de que acabemos de crealo na nosa imaxinación.
Sen embargo, outros saben que a literatura serve para algo máis que intentar non durmirse no bus, ou taparse con eles se chove.
Uns cantos pensan que a literatura é a nosa maior vocación; se adican a ela como se non puidesen vivir doutra cousa.
Ou simplemente, case nacemos entre libros, vivimos nunha casa onde os estantes, os armarios, as mesas e os pupitres rebosan de libros, temos ateigado o cuarto de modo que, se colocásemos un só libro máis, os estantes se desplomarían.
Inclusive esas persoas gardan nun recuncho do seu corazón o maior soño, o maior desexo que sempre tiveron: publicar un libro.
E, de feito, eu son desas persoas.

Cando era pequena comecei a pensar que era unha gran sorte ter un pai que escribise, nunca antes me decatara. Eu era esa nena que se apuntaba a todos os concursos de relatos posibles, que devecía por adentrarse cada vez un pouco máis nese mundo tan misterioso no que aínda me quedaba moito por descubrir, era esa nena que no colexio facía as redaccións quince liñas máis extensas do máximo, que amaba as actividades de inventar unha historia.
E ese soño foi crecendo máis e máis, ata que, con dez anos, decidiu escribir unha novela, que plantexou publicar.
Tardou anos en rematala, e finalmente intentou conseguir o que se plantexaba, se non dese resultado, non era como nas competicións: o importante non era participar. Era conseguir o posto que tanto anhelaba.
Despois, decateime de que había algo que estaba morrendo en canto á litetatura: O galego.
E é que ata ela mesma, que sempre quixera tanto a literatura galega, falaba en castelán coas súas amigas, ou mellor dito, con todos.
É posible que chegue a tal punto o desprecio da xente cara o galego que este idioma se extinga. Que morra.
E non é como o latín, que é posible estudalo, non.
O galego quedaría fundido no esquecemento, a lingua que enriquece a nosa terra. A lingua que todos, simplemente porque si, non quixemos falar. A lingua que quedaría sumida na miseria e acabaría desvaecéndose.
Oxalá puidésemos tomar conciencia disto, quizais a literatura axude a salvalo. Quizais se inventamos historias de papel e tinta no noso idioma puidésemos deixar de renunciar ao que é noso.

1 comentario:

~♪Marina♪~ dijo...

Lo he entendido todo...
La verdad es que pocos cuentos he terminado, muchos están en camino y nunca he probado lo de enviar a la editorial. He leído varios artículos sobre autores y la mayoría han dicho que después de muchas novelas han conseguido publicar. Así que yo iré por ese camino, escribiendo, probando, escribiendo, probando.
Lo del gallego, pues no puedo decir nada. Porque aquí no pasa eso. En Tarragona y Barcelona sí que la mayoría hablan castellano, pero en el resto, no. Hay poca gente de aquí que no hable catalán. Es dcir, que no puedo decir mi experiencia.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...