jueves, 1 de septiembre de 2011

Crer ou non crer, é aí o dilema

Crer significa ter algo como certo, aceptalo como verdadeiro.
Non crer significa non deixar que un soño se realice, deixalo escapar.
Significa apartar un sentido da vida, porque non hai que agardar a que os demais crean para crer ti.
Porque crer ou non crer o decide cada un, todos e cada un de nós decidimos o que queremos que para nós sexa verdade ou mentira, decidimos o que queremos que se convirta, con certeza, nun aspecto de ver o que pensamos ou que pensan os demais, que imaxinamos ou que imaxinan os demais; decidimos se queremos dar a razón a algo, a alguén, o que sexa; como, cando, onde sexa.

Por que? Porque se pode crer un soño, unha verdade, unha ilusión, unha esperanza...
Pero tamén se pode crer unha incerteza, inseguridade,  unha mentira... como un pesadelo que axexa e que só quere facerte pasar un mal anaco.

Pódense crer moitas cousas, pero sempre coidando que estas nolas conten persoas ás que amamos, que nos rodean, nas que confiamos plenamente.
Non aquelas que te utilizan como última opción, aquelas que serían capaces de ferirte a cambio de algo prezado para eles, que te tratan como unha porquería.
Nen aquelas ás que non coñeces. Porque o mundo é así, inxusto, terrible, horrible, malévolo, hipócrita, sarcástico.
O mundo é cruel, si, pero pode que sexa cruel para intentar que todos nos fagamos un pouco mellores do que somos realmente, para que saibamos o que está ben e o que está mal, para darnos unha lección. Aínda que ás veces, aínda que non sempre, o mundo pode darnos alegrías, facernos felices, disfrutar co que máis queremos.
E o mundo, realmente non é culpable das nosas alegrías e desventuras, unicamenteé a caixa que envolve o regalo, é o escenario onde transcurre a obra. Non ten a culpa, a culpa témola nós, os humanos, por crer ou non crer, porque ás veces, moitas veces, nos equivocamos.
Firmado: Libromaníaca.

2 comentarios:

Gairah Love dijo...

Encantoume! Escribíchelo ti, non? Pff, está xenial, é fermoso! E ademais ó ser en galego dalle algo ó blog que non sei... Gústame bastante!
Biquiños!!
http://gairahlove.blogspot.com/

Unknown dijo...

Muy Buen blog!, me encanta
Te sigo. Te espero por el mio. Gracias :D

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...