lunes, 12 de septiembre de 2011

Nova adquisición

¡Ola, Libromaníacos!

En primeiro lugar, quixera pedirvos perdón pola miña ausencia, porque, como dixera hai tempo, agora mesmo estou nun estado de... "poucas ideas". Pero é que en vacacións penso que dispoño de todo o tempo do mundo, pero todo ese tempo se reduce a nada. Ademais, agora mesmo estou lendo "Tardes con Margueritte", pero como o mellor momento do día para ler (a lo menos para min) é pola noite, é un gran pracer. Pero a miúdo o substituo por saír ou ver películas.
E ese é outro punto en contra da miña labor nos meus Blogs.
Segundo, tamén vos pido perdón porque decaín moito, moito pero que moito na miña  escritura ultimamente, pero se debe a, como xa vos dixen, á falta de ideas e noticias que contarvos. Así que, tamén vos rogo que me disculpedes por isto.

En fin, ao gran:
Do que vos quería informar é dun novo libro, que o venres, polo meu cumpreanos (aínda que en realidade foi o día 10), me regalou Lectora.
Como sabía que unha das miñass escritoras preferidas é Cornelia Funke, regaloume "Muerte de Tinta"; o último tomo da trioloxía máis famosa das súas obras.
Hai polo menos dous ou tres anos que lin os dous tomos que o preceden; pero por desgraza, cando me dispuña  a ler este último, era demasiado pequena e me cansei deseguido, polo tanto non o lin entero.
Quizais debería contarvos o meu pequeno segredo... que case nen o comecei...
Pero como comprenderedes, un libro de máis de seiscentas páxinas (aínda que os outros non eran de moito menos) para unha nena de dez anos...non serían demasiado apropiados, tamén incluíndo que se trataba de vocabulario complexo (aínda que daquela xa posuía un rico vocabulario)..
En definitiva, que terei que volver a reler os dous anteriores tomos, aínda que teño ''Sangre de tinta'', e non o primeiro, ''Corazón de tinta''; pero intentarei conseguilo.
Antes acabarei o libro de Marie-Sabine Rogers, pero por moito que desexe adiantar, non sería capaz de lerme un libro rápido, porque vos aseguro de que non me enteiraría de nada (ademais de que prefiro ler de forma lenta e pausada). Dígoo por previa experiencia.
En fin, rematada a noticia, acabo o asunto desexando que teñades unha  semana marabillosa e que... aproveitarei o máximo posible para escribir agora antes de comezar o novo curso.
Así que vos digo a todos que ¡vos desexo que comecedes ben, pero antes, que disfrutedes deste tempo que mentres nos queda!

Firmado: Libromaníaca.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero, hoxe e 12 de setembro, no 10...eu, cría que o teu cumpreanos era o 10, non o 12, pero equivocaríame eu.
Un biquiño

Libromaníaca dijo...

Non, perdón. É que xa puxera "hoxe" o día dez, pero en realidade foi o 10, si :)
Firmado: Libromaníaca.

Anónimo dijo...

Curso de novas lecturas e novas aprendizaxes que che farán crecer.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...