jueves, 15 de septiembre de 2011

Relato da semana - A auga das margaridas

Unha amiga miña, Escritora, publicou no seu Blog un relato mensual; polo tanto ocorréuseme que, cada semana, aínda que ao mellor non sexa posible todas, publicarei un relato sen principio nen final determinado; un estilo distinto que me pareceu innovador e á vez fermoso.
A verdade é que este primeiro relato non está moi ben, pero agardo que me dedes a vosa opinión.


                                                                                                         16/9/1965

Era unha mañá fría e gris.
O verán xa rematara.

Pero erguinme igual.
Case descalza, coas miñas zapatillas corroídas, camiñei polo céspede empapado polo xeado relente.
Das flores caían pingas de auga conxelada.
Sabía que habían de pensar que estaba tola, pero a min non me importaba o que os demais pensasen. Se me permitides dicilo, nunca me importou.
Collín unha cadeira de praia e o meu libro e sentei alí, sen manta nen bata. Simplemente co meu pixama de verán e as miñas zapatillas.

Era o meu gran pracer.
Non entendía como á xente podía resultarlle estraño, porque era o que máis me gustaba das mañás no campo.
Porque durante o curso, na cidade, non podía facer iso.
Era moi distinto, non comprendía como a xente non sentía claustrofobia na cidade todo o ano.
Ese sería o meu maior pesadelo. Que liberdade hai entre un mar de coches e rúas amplas?
Baixo unha inmensa nube negra que da sombra e convirte a cidade nunha morea de caleixas sombrías onde a xente pasaba á présa, tratando de irrelevante á nube que tapaba o sol sobre as súas cabezas.
Prefería levantarme cedo e ver iso tan fermoso.

                                                                                                              12/9/1980
Agora, o único fermoso que pode haber está na miña imaxinación.
Un día de verán, un home con aspecto de ter un gran capital, chegou á nosa casa de campo de díxonos que ían converter esa diminuta aldeíña nunha zona industrial.
Dende ese día non volvín á aldea. E non volverei nunca máis.





2 comentarios:

Escritora dijo...

É precioso! Encantame, e moi emotivo, ao mesmo tempo hai felicidade, e rapidamente nun só parágrafo, todo cambia.
De verdade, encantoume!

Inna dijo...

Que fermosura de relato!!!
Ainda que digas que non esta demasiado ben esta xenial, unha iniciativa magnifica a dos relatos semanais.
Un bico moi grande: Inna

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...