miércoles, 21 de septiembre de 2011

Tardes con Margueritte

Ola, Libromaníacos. Perdón, como sempre, por non poñer demasiadas entradas, de todos modos xa vos contei que non dispoño de demasiado tempo, pero agardo que non pensedes que están abandonados...
Ben, hoxe, á fin, gustaríame incluír no Blog esta reseña que hai taaaanto, taaanto que prometín.
Acabeino hai días, pero xa dixen que o tempo... non dá para máis.
En fin, que aínda que veña tarde, a promesa está cumplida, non si? De todo corazón espero que vos guste.

Hai veces na vida en que os acontecementos suceden por propia inercia, outras porque xa estaba escrito no destino, e outras, por pura casualidade.
A derradeira destas opcións é a que nos indica o que lle pasa a Germain, o noso protagonista.
Esta é unha historia estraña e sincera, na que un home na mediana idade conta as súas vivenzas en primeira persoa.
Germain é despreocupado, é odiado pola súa nai (ou alo menos iso é o que el pensa) e ten algunhas afeccións un tanto... distintas. Por exemplo, contar pombas no parque ou escribir o seu nome no monumento aos caídos.
Polo tanto, é un chisco estraño que a unha persoa como a el lle suceda algo como o que lle pasou.
Un día, no parque, encontra a unha delicada e coitada anciá sentada nun banco. Entón. coñécense e, para sorpresa de Germain, resulta ser unha velliña encantadora e cun pasado moi interesante.
Case sen decatarse, Margueritte abriralle as portas dun mundo completamente novo, cheo de historias feitas de palabras e papel.
Tamén Margueritte lle brindará a oportunidade de cambiar un pouco, de sentir un pouco máis de respecto hacia os odiados, a comprender que é posible o que nos plantexemos, unicamente hai que querelo de verdade.
Finalmente, é preciso que dé resultado, e que Germain viva unha experiencia que nunca vivira, e aprenderá que os prexuízos nunca son bos. É posible que, nun futuro, iso permita que o propio Germain axude aos demais no seu tempo, como Margueritte fixera con el.

Datos:
Título: Tardes con Margueritte
Autora: Marie-Sabine Rogers
Editorial: Editorial Galaxia.
Clasificación: Comedia
Calificación: ***. 3/5.



3 comentarios:

Escritora dijo...

Seguro que é un libro moi interesante, aínda que a túa puntuación fose 3/5 seguro que é un libro diferente...pero non creo que sexa bazofia tampouco non si?
Un bico

Anónimo dijo...

sempre me paso polo teu blog porque sempre fas unhas reseñas preciosas e marcnificas.
seguro que nun fututro non moi lonxano te convirtas nunha famosa escritora :D
un bico: morti :P

Yanina ♥ dijo...

Que lindo blog! me encanta! :D sigue asi.
Te sigo. Te espero por el mio. Gracias ♥

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...