"Les aventoures de Tintin et Milou" é o título orixinal da famosa saga que todos coñecemos, "As aventuras de Tintín", estreada no ano 1929 e que recentemente se estreou a súa película na gran pantalla, unha mistura do "Segredo do Unicornio" e "O cangrexo das patas de ouro" a mans do gran Spielberg.
Unha
vez vexades a película vos percataredes da súa gran calidade (en todos
os sentidos), pero tamén graficamente e segundo os efectos especiais,
mesmo os movementos dos propios personaxes, e para isto, deberedes saber
que antes utilizaron a actores (en carne e
óso) como principal recurso para personalizar despois o fime por
ordenador.Sorprenderédesvos ao saber que Tintín é, en carne e óso, interpretado
polo rapaz que cautivou a todos polos seu don como bailarín facendo de
protagonista en Billy Elliot, obra que gañou numerosos premios da cal se fixeron moitos espectáculos e actuacións.O argumento da historia é o seguinte:
Un día, Tintín, paseando polo mercado de antigüidades, se encontra de bruces cunha reliquia que garda moitos segredos: Un barco, "O Unicornio", que posúe unha historia inimaxinable e, sobre todo, unha gran aventura que correrá Tintín.
Para iso, contará coa inestimable axuda de Hernández e Fernández e os demais amigos... que posbilemente descubran o segredo milenario
2 comentarios:
Pocos nacen con el don de la escritura , admiraciones , y besos galacticos :D
Quero vela xa! Sempre me gustaron as aventuras de Tintin. Noraboa polo teu traballo
Publicar un comentario