viernes, 4 de noviembre de 2011

As aventuras de Tintín

"Les aventoures de Tintin et Milou" é o título orixinal da famosa saga que todos coñecemos, "As aventuras de Tintín", estreada no ano 1929 e que recentemente se estreou a  súa película na gran pantalla, unha mistura do "Segredo do Unicornio" e "O cangrexo das patas de ouro" a mans do gran Spielberg.
Unha película que vin o luns no cine e, realmente, me fascinou.
Creo que sigue o que Hergé imaxinaba, e non cambia o "sentido" da novela gráfica.
Unha vez vexades a película vos percataredes da súa gran calidade (en todos os sentidos), pero tamén graficamente e segundo os efectos especiais, mesmo os movementos dos propios personaxes, e para isto, deberedes saber que antes utilizaron a actores (en carne e óso) como principal recurso para personalizar despois o fime por ordenador.Sorprenderédesvos ao saber que Tintín é, en carne e óso, interpretado polo rapaz que cautivou a todos polos seu don como bailarín facendo de protagonista en Billy Elliot, obra que gañou numerosos premios da cal se fixeron moitos espectáculos e actuacións.
O argumento da historia é o seguinte:
Un día, Tintín, paseando polo mercado de antigüidades, se encontra de bruces cunha reliquia que garda moitos segredos: Un barco, "O Unicornio", que posúe unha historia inimaxinable e, sobre todo, unha gran aventura que correrá Tintín.
Para iso, contará coa inestimable axuda de Hernández e Fernández e os demais amigos... que posbilemente descubran o segredo milenario




2 comentarios:

hellfire ✚ dijo...

Pocos nacen con el don de la escritura , admiraciones , y besos galacticos :D

Anónimo dijo...

Quero vela xa! Sempre me gustaron as aventuras de Tintin. Noraboa polo teu traballo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...