lunes, 23 de enero de 2012

Desaparición durante... un pouco

Libromaníacos.
Teño que pedirvos perdón.
Xa non teño palabras para pedirvos que me escusedes, porque teño isto algo avandonado, pensaredes.
Pero de verdade que non teño tempo suficiente.
Teño moitos exames, un deles tan importante que levo un mes estudando para el. Ademais teño moitos traballos que facer, enviar correos a editoriais...
Xa estou cansa, e coido que vós tamén ao lerme, de escribir miles de millóns de entradas cuxos títulos e excusas son "desaparecida", "non teño tempo", "exames", "deberes" e cousas polo estilo.
Pensaredes que non me interesa continuar cos meus Blogs, pero nada diso.
Teño moitísimos plans para os Blogs, entre outros a entrevista que vos prometera, moitos concursos para este ano, ler un libro novo e unha reseña pendente aínda.
Porén, perdoádeme, pero intentarei adicarvos o tempo posible.
Parece que falo dunha obriga, pero en realidade a min gústame andar no Blog.
Pero como xa vos dixen, ultimamente dispoño de tan pouco tempo que non fago máis que pedir perdón por non publicar nada.

Moitas grazas, e de novo, desculpas: Libromaníaca.

P.D: Sei que non adoito facer isto, pero tiven esta pequena idea.
Posiblemente de cando en vez poida facer este espazo, sempre que estivésedes de acordo todos os Libromaníacos.
Quixéravos adxuntar unhas fotografías que atopei en Internet nunha páxina que me gusta moito.
Gustaríame saber que expresan para cada un de vós.
Son imaxes duras, solitarias e que evocan tristeza.
Agardo que aínda así vos gusten.










No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...