sábado, 4 de febrero de 2012

Diez negritos

Ola, Libromaníacos.
Aquí teño a reseña do libro "Diez Negritos", de Agatha Christie.
Agardo de todo corazón que vos guste.

Reseña:
Dez persoas son convidadas a pasar uns días na misteriosa Illa do Negro.
Pero cando chegan, o descoñecido anfitrión non aparece.

Dez figuras sobre a mesa do comedor, unha canción de berce, un tocadiscos que sentencia aos convidados...
Anthony Marston é acusado de atropellar a dous nenos cando conducía ebrio.
O xuez Wargrave é acusado de levar ao cadalso a un inocente por vinganza persoal.
Miss Brent é acusada de deixar morrer á intemperie á súa asistenta ao percatarse de que esta estaba embarazada.
O inspector Blore é acusado de atentar un homicidio contra un compañeiro.
Philip Lombard é acusado de deixar morrer a varias persoas nunha excursión.
O xeneral MacArthur é acusado de matar intencionadamente na guerra a un compañeiro seu cando se enteirara de que era amante da súa muller.
Miss Vera Claythorne é acusada de deixar morrer afogado ao neno do que estaba ao cargo.
O doutor Armstrong é acusado de operar ebrio a unha paciente de modo que esta non sobreviviu.
Os criados Ethel e Thomas Rogers son acusados de non administrar correctamente a medicación á señora maior da que anteriormente estaban a cargo.
Un a un, os convidados irán morrendo seguindo as instruccións da canción dos "Dez negriños" e se darán conta de que o seu misterioso anfitrión é un asasino e se encontra, nen máis nen menos, que entre eles.
Quen será o asasino? Por que quererá levar a cabo o seu terrible plan? Que escuros segredos se esconden tras cada un dos presentes?

"Unha novela de intriga, máis apaixoante a cada páxina, onde o misterio non remata."

Datos:
Título: Diez negritos
Autor(a): Agatha Christie
Editorial: Salvat 
Calificación: *****. 5/5.
Clasificación: Intriga, novela negra. 





1 comentario:

Pasarán las Horas dijo...

Ohh! Me encanta Agatha, este es una de mis favoritos junto con "Muerte en el nilo" y "Un crimen dormido" Gran reseña, Pasate por mi blog Saludos!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...