sábado, 18 de febrero de 2012

Donde los árboles cantan


Laura Gallego sorpréndenos outra vez cun novo libro fantástico, "Donde los árboles cantan".

Viana de Rocagrís está prometida ao seu querido Robian de Castelmar dende a súa infancia e dispón de todas as facilidades posibles.
Vive co seu pai, a súa única familia, e a súa vida e practicamente perfecta cando esta dá un xiro de 90º.
 Durante a noite da celebración do Solsticio no castelo dos señores de Nortia, Lobo, un vello cabaleiro condenado á miseria, advirte da futura invasión do reino a mans dos bárbaros.
Ninguén fai caso a un proscrito, pero realmente O Cabaleiro do Lobo tiña razón, e pouco tempo despois,  Nortia sufre a invasión bárbara e queda baixo o poder do rei bárbaro, o malvado Harak.

Viana, en pouco tempo, perde ao seu pai e ve como o seu prometido a abandona á súa sorte, convértendose así nun miserable traidor ao seu pobo.
Deste modo, a Viana e a todas as doncellas do reino as reparten aos xefes bárbaros como agasallo para obteren terras.
Pero Viana está cansa de non tomar as decisións  para a súa vida, e decide por primeira vez na súa vida non quedar de brazos cruzados e escapar da tortura que lle encomendaron.
Viana convírtese nunha proscrita que escapa das mans dos bárbaros, e desta forma acaba internándose no Gran Bosque, onde habitan todo tipo de criaturas, e do cal se contan marabillosas historias...
Alí coñecerá a dor, o sufrimento, a valentía e a coraxe; e demostrará a todos do que é capaz unha muller...
E coñecerá á persoa-ou ser- que cambiará a súa vida.

DATOS
Título: Donde los árboles cantan
Editorial: SM
Autor(a): Laura Gallego
Calificación: *****.5/5
Clasificación: Fantástico, aventuras

 










5 comentarios:

Koneko-chan dijo...

A este libro le tengo ganas. Gracias por la reseña. Por cierto libro maníaca, estamos preparando una quedada de bloggers literarios gallegos, si te interesa venir pásate por http://galegasentrelibros.blogspot.com/
Un biko!!!

entre pàginas perfectas. dijo...

hola!! acabo de encontrar tu blog y te sigo :) .
este libro lo comence y por desgracia tuve que dejarlo parado..pero quiero volver a empezarlo..un besoo

Futbolero dijo...

me seguis www.losasesdelfutbol.blogspot.com

Futbolero dijo...

Me seguis www.losasesdelfutbol.blogspot.comri

Futbolero dijo...

me seguis www.losasesdelfutbol.blogspot.com

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...