Laura Gallego sorpréndenos outra vez cun novo libro fantástico, "Donde los árboles cantan".
Viana de Rocagrís está prometida ao seu querido Robian de Castelmar dende a súa infancia e dispón de todas as facilidades posibles.
Vive co seu pai, a súa única familia, e a súa vida e practicamente perfecta cando esta dá un xiro de 90º.
Durante a noite da celebración do Solsticio no castelo dos señores de Nortia, Lobo, un vello cabaleiro condenado á miseria, advirte da futura invasión do reino a mans dos bárbaros.
Ninguén fai caso a un proscrito, pero realmente O Cabaleiro do Lobo tiña razón, e pouco tempo despois, Nortia sufre a invasión bárbara e queda baixo o poder do rei bárbaro, o malvado Harak.
Viana, en pouco tempo, perde ao seu pai e ve como o seu prometido a abandona á súa sorte, convértendose así nun miserable traidor ao seu pobo.
Deste modo, a Viana e a todas as doncellas do reino as reparten aos xefes bárbaros como agasallo para obteren terras.
Pero Viana está cansa de non tomar as decisións para a súa vida, e decide por primeira vez na súa vida non quedar de brazos cruzados e escapar da tortura que lle encomendaron.
Viana convírtese nunha proscrita que escapa das mans dos bárbaros, e desta forma acaba internándose no Gran Bosque, onde habitan todo tipo de criaturas, e do cal se contan marabillosas historias...
Alí coñecerá a dor, o sufrimento, a valentía e a coraxe; e demostrará a todos do que é capaz unha muller...
E coñecerá á persoa-ou ser- que cambiará a súa vida.
DATOS
Título: Donde los árboles cantan
Editorial: SM
Autor(a): Laura Gallego
Calificación: *****.5/5
Clasificación: Fantástico, aventuras
5 comentarios:
A este libro le tengo ganas. Gracias por la reseña. Por cierto libro maníaca, estamos preparando una quedada de bloggers literarios gallegos, si te interesa venir pásate por http://galegasentrelibros.blogspot.com/
Un biko!!!
hola!! acabo de encontrar tu blog y te sigo :) .
este libro lo comence y por desgracia tuve que dejarlo parado..pero quiero volver a empezarlo..un besoo
me seguis www.losasesdelfutbol.blogspot.com
Me seguis www.losasesdelfutbol.blogspot.comri
me seguis www.losasesdelfutbol.blogspot.com
Publicar un comentario