sábado, 5 de mayo de 2012

Novidades da semana

Ola, Libromaníacos.
Como outras tantas veces, debo pedir desculpas pola miña prolongada ausencia (que creo que se repetirán máis a miúdo, por moitos motivos, entre eles os estudos).
En segundo lugar, quero anunciarvos que prepararei as reseñas dos seguintes libros:

-Sinsajo: Suzanne Collins. (Último libro da trioloxía "Os xogos da fame. ") - Na miña opinión, creo que quen non se namore desta trioloxía, non a leu de verdade.
Outra vez non puiden ir ver a película, pero espero poder ir o fin de semana que vén, ou o outro, ou o outro... ou o outro máis... Pero dende logo, non penso renderme, te tantas ganas de vela...! De feito, son a maior fan que coñezo de LJDH.

-Jane Eyre: Charlotte Brönte. - Unha historia dunha muller loitadora e con ideas propias que desexa cumprir os seus propósitos nunha sociedade desigual, ademais de enfrontarse a dificultades, personaxes e contratempos.
E por último... gustaríame relatar unha historia real que tivo lugar nunha antiga urbanización e os misteriosos sucesos que tiveron lugar alí. Unha historia arrepiante e chea de sorpresas ambientada no pasado fin de semana. Fotoreportaxe sobre o acontecido e inesperados acontecementos... Non vola perdades!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...