viernes, 3 de agosto de 2012

El enredo de la bolsa y la vida


Eduardo Mendoza vólvenos sorprender cunha fantasiosa aventura cargada de enredos e intrigas...
Un misterio que deberá resolver de novo o detective anónimo máis tolo, o cal rexenta unha digna perruquería de señoras.
Toda a narración estará contada dunha maneira tan sutil, pero as situacións serán a miúdo tan inverosímiles que será imposible non soltar algunha gargallada.





RESEÑA  E OPINIÓN PERSOAL
En tempos de crise, o "Tocador de señoras" non resulta un negocio demasiado froitoso, e, un día, o noso detective encóntrase de novo con Rómulo o guapo, (co cal compartiu prisión no manicomio) o cal lle conta os seus tráxicos intentos de atracar un banco e a súa vida sen demasiada acción, o cal vota de menos, así que propón ao protagonista o golpe definitivo para ambos.
Despois de que se negase, deciden separarse, e pouco despois, Rómulo desaparece misteriosamente...
Nesta novela mézclase a comedia da vida miserenta das personaxes e as peripecias que deciden cometer, dando así unha trama impredecible e incríble, misteriosa e absurda; todo isto dá lugar a unha combinación cargada de ironía con sutileza ambientados nun <<País pobre e cutre.>>, alias España.
O noso detective contará coa inestimable axuda dunha serie de compañeiros dignos, aínda que miserables: "El Juli", a audaz "Quesito", "La Moski", que pertenceu ás xuventudes estalinistas, o pizzeiro sen fortuna "Manhelic", o tacaño señor Armengol, "Pollo Morgan" e o swami, os cales veranse envoltos nun caso cheo de situacións sen sentido e incríbles e liosas historias a man do detective anónimo como director da investigación...

DATOS
Título: El enredo de la bolsa y la vida
Autor: Eduardo Mendoza
Editorial: Seix Barral.
Calificación: 5/5.
Clasifiación: misterio, comedia.






1 comentario:

Galena dijo...

Ola, son Galena ¡que ben encontrar un blog en galego! Non é a primeira vez que coñezo a galegos na blogosfera, pero sí a primeria que un leva un blog en galego.

Vin para darche as gracias polo teu comentario de ánimo.

Saúdos e feliz día!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...