miércoles, 8 de agosto de 2012

Mentiras.

 


Por que a xente ten que contar mentiras?
Nestes tempos ninguén cre xa o que aparece nos xornais, nin na televisión, nin en nigunha parte.
Non é que non queiran crelo. É que simplemente, xa non poden.

En apenas dúas horas, o meu mundo derrubouse esta mañá. Primeiro, case piso unha rata morta que xacía no bordo da beirarrúa. Quizais sexa esa o paradoxo da historia. Quizais a imaxe desa rata morta e pisada por algún coche sexa a metáfora que mellor defina a situación actual do país.

Máis tarde, e algo que me envorcou o corazón, foi o seguinte...
Cada vez resulta máis sinxelo encontrar unha persoa mendigando polas rúas, ou con sostendo unha gorra entre as súas mans con catro escasas moedas no seu interior, ou a algunha persoa envolvida en mantas nun caixeiro automático.
Pero o que vin entristeceume dun m
odo sobrenatural... e é que se trataba dunha señora de aproximadamente sesenta anos, que pedía esmola polo centro. E é que esa muller podería ser perfectamente a miña avoa, ou a avoa dun amigo meu, ou a avoa do meu veciño...
É que ninguén pode crer xa o que din os políticos, nin a prensa, nin a radio, nin o que ninguén nin nada di. Só poden crer o que os seus corazóns lles din; e é que agora que caemos neste pozo tan profundo, non poderemos saír.
Odio as sorpresas, probablemente moitas persoas as odien, aínda que ás veces nos agraden sorprendéndonos con algo marabilloso, eu peco de impaciencia, así que a espera me mata... e tamén a hipocrisía dalgunhas persoas vestidas con traxe, que saen aí a contar mentiras, e entón eu penso <
para iso, por que non contrataron a un paiaso?>>.
Xa sabedes o que dixo Mark Twain, <<Un banqueiro é un señor que nos presta un paraugas cando fai sol e nolo esixe cando comeza a chover.>>

Libromaníaca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...