Todas as miñas reseñas conteñen Spoilers. |
Por que os xóvenes len cada vez menos? É tan complicado que, tras obrigalos, lean o libro que lles mandaron na escola?
A min, dende logo, non me parece que ningunha excusa sirva... de feito, o mesmo día no que a profesora citou o libro de lectura obrigatoria para este trimestre, esa mesma tarde xa o tiña entre as mans.
Así que creo que fun a primeira en lelo, e seguramente, das únicas...
Ben, este libro é "Unha presa de terra", de Marilar Aleixandre.
RESEÑA
Ana é unha detective privada que un día recibe unha inesperada chamada da súa vella amiga da infancia, que lle conta un terrible suceso e pide que o investigue.
A súa irmá, Lurdes, foi encontrada asasinada no asensor do seu propio edificio, brutalmente golpeada na cabeza.
A investigación irase complicando, sobre todo cando Ana entraba un romance con Pepe, o alcohólico e amargado marido de Lurdes, que de vendedor ambulante de enciclopedias, cuxa única afección son as plantas das súas macetas.
Aparentemente, o caso de Lurdes é complexo, e parece gardar un segredo. Quizais fora que Lurdes gardaba un escuro segredo... pero sorprendentemente, o único segredo que agocha o caso é o máis grande de todos, Pepe, envolto nunha aura de misterio inescrutábel.
O estraño é que no corpo de Lurdes se descubren restos de terra... dunha maceta.
OPINIÓN PERSOAL
O libro de Marilar Aleixandre é unha obra singular e meritoria, posto que gañou o premio de Relatos de Verán na sección de novelas por entregas da Voz de Galicia no ano 2001.
O mérito, na miña opinión, débese a que a autora resuma en cada capítulo, en cada entrega, gran cantidade de información e acontecementos, o cal a min me resultaría terriblemente complicado, por exemplo.
Aínda así, para a súa desgraza, é moi doado destripar a historia ós poucos capítulos. E se aínda fose só algúns detalles, ou inclusive a conclusión final, non importaría demasiado. Pero aquí se descubre con facilidade toda a trama.
Definitivamente, non é o meu estilo narrativo favorito; pero sempre está ben ler algo de autoría galega, pois agora é tan fácil tragar os libros estranxeiros de vampiros, lobishomes, etc., e tan difícil escarvar ata o final dunha estantería ata encontrar algo de aquí...
Datos:
Título: Unha presa de terra
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Ir indo.
Calificación: 3/5
Clasificación: Novela negra.
1 comentario:
Pois coa boa pinta que tiña polo argumento, mágoa que sexa predecible. Se a túa opinión fora boa, daríalle unha oportunidade, pero como non o é, teño máis libros de autores galegos aos que prestar atención, así que non perdo tanto.
Bicos^^
Publicar un comentario