sábado, 17 de noviembre de 2012

Busca noutra parte, aquí nos retiramos

Tumblr_m7h2z1basv1qiekquo1_500_large

Ola, Libromaníacos.
Hai moito tempo que non vos escribo... e con razón, pois dende que publiquei a miña última entrada, que por certo, tivo UN comentario (o cal agradezo moito) decidín non publicar máis entradas pola simple razón de que non volvín ter ningún outro comentario...
Así que terei que pechar (de momento, de forma temporal) o Blog como modo de protesta para pedir máis participación.
Sei que isto soa a exixencias, mais que sentido ten manter un Blog para que ninguén se interese por el?

Grazas, como sempre, e espero a vosa comprensión.
Libromaníaca.


 

1 comentario:

Xenia dijo...

A verdade é que o que contas é por causa de ter un blogue en galego. Sei o que é porque eu tamén o teño, ou tiña, porque actualmente non me podo facer cargo de ningún dos blogues que levo.

De entrada, a pouca xente lle interesarás, e os que che seguen (a veces pregúntome se non o farán por cortesía) non soen comentar a menudo. Con sorte terás un ou dos en cada entrada, pero o habitual será non ter ningún. É así. A mín o dos comentarios a verdade non me interesaba nada, nin tampouco que me leran ou non. Eu tiña a mente tranquila facendo entradas para dar a coñecer libros en galego. Despois, que cada quen fixera o que quixera. E cando termine este curso, alí volverei para seguir facendo isto ata que me canse.

Bueno, eu teño que dicir que poucas veces comentaba por aquí, pero ler liache sempre. Así que, foi un pracer. Sorte no que fagas de agora en diante :)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...