domingo, 2 de diciembre de 2012

Próxima reseña...

Tumblr_meadj0nbvj1rjew5go1_500_large
 
























Ola, Libromaníacos.
Aproveito estes minutos que teño agora libres, xa que rematei de estudar, para publicar unha breve entrada que tiña preparada do xoves, posto que estaba enferma, así que decidín tomar a tarde de repouso e, xa que estamos, para anunciar a miña actual lectura, que en ocasións me quedaba tan enfrascada que pasaba horas lendo e non me decataba do tempo que levaba ata que me empezaban a escocer os ollos... e por que? Non me daba conta de que estaba lendo a escuras, practicamente!
Espéravos unha nova reseña do libro que estou a ler actualmente.

"Muerte en el Nilo", de Agatha Christie.

Ao parecer, como fun descubrindo ao longo dos anos, teño unha especial inclinación cara aos libros detectivescos, aínda que non é do que máis leo.
Sempre me entusiasmaron os enigmas aos que se enfrontan os personaxes das máis famosas novelas de misterio, así como as conxecturas que desencadean as súas teorías a partir de ínfimas probas aparentemente imposibles e o seu poder de contradicir ata a coartada máis inescrutable.
Dende que era pequena, baseándome na serie de debuxos animados "Detective Conan", imaxinaba historias sobre crimes perfectos e desenvolvía mentalmente narracións sobre estes.

Desde logo, nunca a recoñecín como a miña mellor faceta literaria, aínda que hei de dicir que nunca a probei, pero sempre se me deu ben deducir, aínda que sexa diminutos detalles, algunhas cousas.


Tampouco digo que sexa toda unha Sherlock Holmes, pero aínda que me falta a paciencia que require dedicarse á investigación, podo desenvolver as conxecturas, como antes ben dixen que fan os mellores detectives de novelas, necesarias para decatarme de  detalles como alguén que está nervioso e polo motivo polo cal poida estalo, o carácter ou o que pensa unha persoa con só mirala e moitos outros detalles. Alguén que me coñeza podería pensar que todo isto é absurdo, porque a miña expresión non adoita ser o que se di meditabunda, nin moito menos permanezo calada, nin moito menos son discreta, nin moito menos oprimo os meus pensamentos (ben, aqueles que son ponzoñosos non adoito soltalos como labazadas ante a cara de ninguén, por suposto), nin moito menos teño unha actitude de espectadora recatada que invite á xente a confiarme os seus segredos como monsieur Poirot, poñamos por caso.  
Así que, como dicía, pola miña conduta e polo meu carácter non parezo moi suspicaz, pero aseguro que podo chegar a selo. E aínda que non o fose, a min gústanme as novelas de misterio, que lle vou facer? É o mesmo que cando moitas persoas examinan esas revistas sobre xente famosa que tanto se venden. Saben que xamais chegarán a ter a casa de campo de fulanao, nin o bolso de 5.000 euros de menganita, pero soñar é unha das poucas cousas que nos quedan que é gratuíta neste mundo, aínda que quen sabe por canto tempo máis!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...