lunes, 11 de febrero de 2013

Pel de lobo


Tumblr_mi0880hfae1s339xbo1_500_large



































RESEÑA

Xosé Novoa vive cos seus pais nunha afastada aldea galega. A causa de que o seu pai, Fulxencio Novoa, sexa un afamado cazador de lobos, é requerido nunha aldea do Incio, onde están sendo atacados constantemente por dous lobos cuxa forza e tamaño descomunal impide aos aldeáns acabar con eles.

Alí, Xosé coñece ás enigmáticas fillas do fidalgo de poder da aldea, Aurora e Ana, dúas irmás distintas como a noite e o día, e namórase da primeira.
Aurora, loira, baixa e delicada, que nunca fala máis do que debe, pero cada palabra que di namora a Xosé.
Ana, morena, alta e esbelta, que se amosa partidaria do voto feminino e do agrarismo, e que saca de quicio ao seu pai coas súas opinións.
Estraños sucesos teñen lugar na aldea, e ambos cazadores danse conta de que aqueles lobos teñen unha forza sobrenatural e unha intelixencia humana.

Cando sigue a pista a unhas pegadas de lobo contempla, sorprendido, que levan a unha cova que  contén roupa de muller fiscada polo chan, e despois de que o estraño personaxe Rosa dos Chantos lle conte un estraño episodio que viviu cun dos lobos, Xosé sospeita que posiblemente os lobos fosen lobishomes, ou quizais "lobismulleres".

Tras investigar os sucesos que están a ocorrer na aldea, Xosé acaba confirmando as súas sospeitas e descubrindo que  tanto o lobo branco como o lobo negro non son tan descoñecidos para el como pensaba.


OPINIÓN PERSOAL

Esta novela é fermosa. Lévanos ao inverno máis frío de Galicia, e fainos revivir os tempos da Galicia máis rural.
Trata moitos temas que se discutían por aquel entón, como o sufraxismo nas mulleres ou o agrarismo, discusións  que nos achegan á época. Tamén reivindica os dereitos das mulleres en numerosas ocasións e o polémico desta reivindicación naquel entón.
Unha novela única, coa que Xosé Miranda acadou o Premio Merlín 2002, invernal e perfecta para esta época do ano.


Datos:
Autor: Xosé Miranda
Editorial: Xerais (Fóra de xogo).
Clasificación: Fantástico.
Calificación: *****. 5/5




Libromaníaca.



 

1 comentario:

Xenia dijo...

Isto que vou dicir agora non ten nada que ver coa entrada, pero ¿non queres unha colaborada no blog? Eu paso de actualizar no outro blog que colaboraba porque non me vai iso de eu publicar entradas e as demais non, pero gustaríame ter un sitio onde poder realizar reseñas de libros en galego, por iso cho comento. Xa me contarás.
P.D. O libro ten moi boa pinta. Se non tuvera tantos pendentes, comprábao.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...